Clifden
Clifden (en irlandés: An Clochán) é unha vila de Connemara, no Condado de Galway, na provincia de Connacht, ao Oeste de Irlanda.
An Clochán (ga) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Irlanda | |||
Provincias | Connacht | |||
Condados | Condado de Galway ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.497 (2006) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 50 m ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Xeografía
editarA cidade máis grande de Connemara atópase entre a costa do océano Atlántico e o terreo escabroso das Montañas ao lado do Río Owenglen.
Historia
editarClifden é unha das últimas vilas construídas en Irlanda. John D’Arcy fundouno no século XIX nunha tentativa por atraer o comercio á zona.
Pola situación de Clifden ao lado do río e o océano Atlántico, a vila creceu rapidamente ata acadar a prosperidade na pesca. Ademais, a situación xeográfica da vila permítelle ser un lugar de turismo pola súa paisaxe de auga e montañas.
Na década de 1840, Clifden sufriu moitas dificultades a causa da fame. Moitas persoas morreron, o negocio perdeuse, e a vila quebrou. Porén, a vila puido reedificarse con subvencións estatais e volveu ser unha área próspera.
Clifden converteuse nunha vila de importancia na década de 1900, cando Guglielmo Marconi construíu o primeiro servizo radiofónico fixo que conectaba Europa con América do Norte.
Relixión
editarClifden encóntrase dentro da Diocese Católica de Tuam e da Diocese de Tuam, Killala e Achonry da Igrexa de Irlanda e o seu Omey Union Parroquial. Clifden ten dúas igrexas: St. Joseph's (católica) e Christ Church (anglicana).
Acceso
editarSituado a menos de 77 km dende Galway pola estrada N59, conta con servizos de autobús que conectan Galway e Clifden.
Turismo
editarA situación da vila preto do océano e as montañas atrae a moitos turistas cada ano. A vila ofrece moitas oportunidades para ir de excursión. Tamén, ofrece moitas tendas, bares, restaurantes e locais, e hoteis para os turistas.
A bandeira de México ondea no centro da vila honrando a John Riley e ao seu Batallón de San Patricio, que serviron nas Forzas armadas de México na Guerra de Intervención estadounidense.