Clemente Fernández Lorenzo
Clemente Fernández Lorenzo, coñecido como Vidal, nado en Corzos (A Veiga) en 1901 e finado no mesmo concello o 26 de novembro de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 ![]() Corzos, España ![]() |
Morte | 26 de novembro de 1936 ![]() A Veiga, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Outros nomes | Vidal ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de Tiberio Fernández Vidal. Estudou no Seminario de Astorga, onde fixo amizade con Alfonso Ortega Prada. Foi nomeado secretario do concello de Vilariño de Conso na ditadura de Primo de Rivera[1] e durante a República foi secretario do concello de Monterrei.[2] Secretario do comité de Izquierda Republicana da Veiga, co triunfo da Fronte Popular foi nomeado delegado gobernativo para proceder á destitución da corporación dereitista. Foi concelleiro da Veiga dende o 3 de marzo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi presidente do Comité Revolucionario de Defensa da República que se fixo cargo do goberno o 21 de xullo. Logo fuxiu ao monte. Foi capturado pola Garda Civil o 24 de novembro nos montes de Seoane con Manuel González Yebra, Amable Vidal Enríquez e Fortunato Vega Rodríguez, que foron abatidos alí mesmo. El foi trasladado aos Lameiros, a uns 200 metros da Veiga, onde foi asasinado polas costas polos gardas dous días despois.
Vida persoal
editarÉ irmán de Rafael e Tiberio Fernández Lorenzo.