Clara de ovo
parte do ovo
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Clara.
A clara de ovo, branco do ovo ou albume[1] é a parte transparente da célula de ovo, que circunda a xema e está formada predominantemente por auga e pola proteína albumina. Coa calor, a albumina sofre desnaturalización e coagula.[2]
A clara de ovo posúe un núcleo triploide que moitas veces acumula reservas nutritivas, utilizadas polo embrión durante o seu desenvolvemento. Co desenvolvemento do embrión, os tecidos do óvulo tórnamse deshidratados, e os envoltorios do óvulo, impermeábeis.
A nivel gastronómico é a substancia líquida e transparente que arrodea a xema do ovo, que se torna branca ao fritila ou cocela[3].
Notas
editar- ↑ Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ Arnaldo Cantani (2008). Pediatric Allergy, Asthma and Immunology. Berlin: Springer. pp. 710–713. ISBN 3-540-20768-6.
- ↑ "Definición en Portal das Palabras". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 05 de outubro de 2014.