Civitas Limicorum
capital dos límicos
Civitas Limicorum foi un probábel asentamento romano que abarcaba a vila actual de Xinzo de Limia.[1] Os poboadores da cidade denomináronse historicamente coma límicos.
Tipo | cidade romana poboado antigo ![]() | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
División administrativa | Gallaecia, Roma Antiga ![]() | ||
No Museo Arqueolóxico de Ourense consérvanse varias lápidas datábeis no inicio do século II d.C. nas que se cita a Civitas Limicorum (CIL, II, 2516 e 2517). Esta mesma civitas vén sendo identificada coa Lemica Civitate do Cronicón de Hidacio.
Notas
editar- ↑ Gallego Franco, Henar (2003). "Herdeiras hispanorromanas: a súa caracterización onomástica e social a través das fontes epigráficas.". Historia Antigua. XXVII: 171–200.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |