Cisco Systems
Cisco Systems é unha multinacional localizada en San Francisco (California), dedicada principalmente á fabricación, venda, mantemento e consultoría de equipos de telecomunicacións tales como:
- Dispositivos de conexión para redes informáticas: routers (enrutadores, encamiñadores ou ruteadores), switches (conmutadores) e hubs (concentradores).
- Dispositivos de seguridade como devasas e concentradores para VPN.
- Produtos de telefonía IP como teléfonos e o CallManager.
- Software de xestión de redes como CiscoWorks.
- Equipos para redes de área de almacenamento.
Cisco Systems | |
---|---|
![]() | |
![]() ![]() | |
Tipo | Multinacional |
Fundación | 1984 |
Localización | San Francisco (California) |
Persoas clave | Leonard Bosack Sandra Lerner |
Industria | Telecomunicacións |
Produtos | routers, hubs, teléfonos |
Na rede | |
https://www.cisco.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É considerada unha das grandes empresas do sector tecnolóxico e un importante membro do mercado do NASDAQ o mercado accionario de tecnoloxía.
Historia
editarA empresa foi fundada en 1984 polo matrimonio de Leonard Bosack e Sandra Lerner, quen formaban parte do persoal de computación da Universidade de Stanford. Bosack adaptou o software para enrutadores multi-protocolo orixinalmente escrito por William Yeager, outro empregado de informática nesa Universidade. Cisco Systems creou o primeiro router comercialmente exitoso. O nome da compañía vén dun xogo de palabras coa cidade de San Francisco, desde onde comezou o seu desenvolvemento como empresa multinacional.
Hoxe en día, outro xigante que lle está intentando facer sombra é a multinacional Juniper Networks, dedicada principalmente á venda de routers para enlaces backbone (columna vertebral).
Ademais de desenvolver o hardware dos seus equipos, Cisco Systems tamén se ocupa de desenvolver o seu propio software de xestión e configuración para eles, que é coñecido como IOS de código actualmente pechado e totalmente propietario.
A través do IOS conséguese configurar os equipos Cisco mediante a denominada "Command Line Interface" (Interface de Liña de Comandos, polo seu nome en galego) que serve de intérprete entre o usuario e o equipo.
Cisco Systems tamén posúe unha división de publicacións tecnolóxicas denominada Cisco Press, a cal ten convenio coa editorial estadounidense Pearson VUE, así como unha división educativa que produce material educativo para programas que teñen coma fin a formación de persoal profesional especializado no deseño, administración e mantenza de redes informáticas. Algúns destes programas son:
- CCDA (Cisco Certified Design Associate).
- CCDP (Cisco Certified Design Professional).
- CCIE (Cisco Certified Internetwork Expert).
- CCIP (Cisco Certified Internetwork Professional).
- CCNA (Cisco Certified Network Associate).
- CCNP (Cisco Certified Network Professional).
- CCSP (Cisco Certified Security Professional).
Tales programas son ditados en alianza con institucións universitarias denominadas Academias Locais as cales existen en 128 países.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cisco Systems |
Ligazóns externas
editar- Web de Cisco (en inglés).
- Academy Connection (en castelán).