Cipriano Casteleiro Feal
Cipriano Antonio Casteleiro Feal, nado en Barallobre (Fene) o 12 de abril de 1913 e finado no mesmo lugar o 1 de outubro de 1986, foi un militar e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1913 ![]() Barallobre, España ![]() |
Morte | 1 de outubro de 1986 ![]() Barallobre, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar, sindicalista ![]() |
Membro de | |
Cronoloxía | |
21 de xullo de 1939-23 de xullo de 1939 | evasión do bou Ramón ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEntrou na Armada con 16 anos. Cabo de Artillaría afiliado á CNT. Estaba enrolado no cruceiro Blas de Lezo cando se afundiu en 1932. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso no buque prisión Plus Ultra, fondeado na ría de Ferrol. Conseguiu fuxir, chegando a nado a Barallobre, onde permaneceu agochado. Despois dun primeiro intento frustrado de marchar, o 21 de xullo do 1939 conseguiu embarcar en Ares con outros 26 republicanos na evasión do bou Ramón, conseguindo chegar a Francia, onde ingresou nun campo de refuxiados. Xulgado en Ferrol, foi declarado en rebeldía e fuxido. Traballou de leñador. En 1943, tras recalar no Brasil, instalouse no Uruguai. Cando morreu Franco visitou os familiares en Barallobre grazas a unha colecta familiar coa que sufragou a viaxe. En 1980 retornou definitivamente a Barallobre onde morreu o 1 de outubro de 1986, e onde foi soterrado.[1]
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, Ferrol, 3-10-1986, p. 41.