Chuck Yeager
Charles Elwood "Chuck" Yeager, nado o 13 de febreiro de 1923 e finado o 7 de decembro de 2020, foi un oficial da Forza Aérea dos Estados Unidos e piloto de probas con varios récords retirado. En 1947 converteuse no primeiro piloto confirmado en superar a velocidade do son nunha aeronave.
![]() (1950) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Charles Elwood Yeager ![]() 13 de febreiro de 1923 ![]() Myra, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Morte | 7 de decembro de 2020 ![]() Os Ánxeles, Estados Unidos de América ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio Nacional de Arlington ![]() |
Educación | Escola de Pilotos de Probas da Forza Aérea dos Estados Unidos ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Guerra aérea, treino de voo (pt) ![]() ![]() ![]() |
Ocupación | militar, aviador militar, piloto de guerra, piloto de probas, aviador, oficial ![]() |
Período de actividade | 1941 ![]() ![]() |
Partido político | Partido Republicano ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Forza Aérea dos Estados Unidos de América e Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos ![]() |
Rango militar | xeneral de brigada Xeneral ![]() |
Conflito | segunda guerra mundial Guerra do Vietnam ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | chuckyeager.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/3/32/ChuckYeager.jpg/250px-ChuckYeager.jpg)
A carreira de Yeager comezou na segunda guerra mundial como soldado raso da Forza Aérea. Despois de servir como mecánico de avións, en setembro de 1942 comezou a formarse como piloto e tras graduarse foi promocionado ao rango de oficial de voo converténdose en piloto de caza co North American P-51 Mustang.
Despois da guerra Yeager converteuse en piloto de probas de moitos tipos de avións, incluídos aparellos experimentais impulsados por foguetes. Como primeiro humano en romper oficialmente a barreira do son, o 14 de outubro de 1947, voou o experimental Bell X-1 a Mach 1 a unha altura de 45 000 pés (13 700 m). Aínda que Scott Crossfield foi o primeiro en pasar de Mach 2 en 1953, Yeager pouco despois estableceu un novo récord ao chegar a Mach 2,44.
Yeager posteriormente comandou escuadróns e ás de caza en Alemaña e no Sueste asiático durante a Guerra do Vietnam, e en recoñecemento ás excelentes actuacións das súas unidades foi promocionado a xeneral de brigada. A carreira de voo Yeager abrangue máis de 60 anos e levouno a todos os recunchos do mundo, incluída a Unión Soviética durante o apoxeo da guerra fría.