Christiane F.
Vera Christiane Felscherinow máis coñecida como Christiane F., nada en Hamburgo o 20 de maio de 1962, é unha ex adicta á heroína alemá, que se fixo famosa por contribuír ao libro autobiográfico Wir Kinder vom Bahnhof Zoo, publicado e editado pola revista alemá Stern en 1978, e que describe a súa loita contra a adicción durante a adolescencia.
Nome orixinal | (de) Christiane Vera Felscherinow ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de maio de 1962 ![]() Hamburgo, Alemaña ![]() |
Residencia | Berlín ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, escritora, cantante, autobiógrafa ![]() |
Pseudónimo literario | Christiane F. ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | f-foundation.org ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarTrasladouse a Berlín en 1968 cos pais e con súa irmá máis nova. Viviu nun principio no distrito municipal de Kreuzberg, despois no de Neukölln. Pero foi no barrio de Groppiusstadt, onde Christiane comezou a verse envolta en drogas a través do seu grupo de amigos. En 1974, aos 12 anos de idade, comezou a fumar cánnabis e a consumir medicamentos como Valium, Mandrix e LSD.
Heroína
editarEn 1975, aos 13 anos, Christiane empezou a frecuentar o Sound, a discoteca de moda naquela época en Berlín. Alí coñeceu a Detlef (o que sería o seu futuro noivo) ademais de a Axel, Babsi, Atze, Zombie e Stella, entre outros.
Unha nova droga comezaba a circular na escena de Berlín. Era a heroína, ou simplemente "H", como era máis coñecida. Aínda que era moi temida polo seu alto poder de adicción e polo alto risco de mortalidade, todos os amigos de Christiane acabaron volvéndose adictos á heroína, incluso Detlef. Christiane inhalou heroína a primeira vez despois de asistir a un concerto de David Bowie. Tempo despois, nuns baños públicos da Estacióno Berlin Zoologischer Garten, inxectouse a droga por primeira vez. A partir dese momento, Christiane foise introducindo cada vez máis no consumo de heroína.
Prostitución
editarA medida que se ía facendo máis adicta, Christiane, aos 14 anos, como todos os seus amigos, comezou a prostituírse na Estación do Zoo para comprar heroína. A propia Christiane relata que ao inicio, escollía aos seus clientes e que se limitaba a masturbalos ou practicarlles sexo oral. Pero coa necesidade de inxectarse droga tres veces ao día, Christiane pasou a aceptar a calquera tipo de cliente e a practicar sexo dentro dos coches. A práctica da prostitución durou desde 1976 ata 1977, cando foi detida e acusada de tráfico e consumo de drogas.
Libro
editarDurante o seu xuízo no tribunal de infancia e xuventude, os xornalistas Kai Hermann e Horst Hieck quedaron impresionados coa súa declaración sobre a adicción e propuxéronlle unha entrevista que, ao final, durou varios meses e deu base ao famoso libro Wir Kinder vom Bahnhof Zoo ("Os nenos da estación do Zoo"). O libro tivo éxito e foi publicado en varios países. Coa publicación do libro, Christiane fíxose mundialmente famosa e incluso pasou un tempo "limpa", asegurando estar desenganchada das drogas. Pero en 1983, a policía detívoa no apartamento dun traficante en Berlín. Nesta época concedeu unha entrevista á revista alemá Stern, confesando que nunca abandonara realmente a heroína.
Despois do libro
editarA maioría dos amigos de Christiane morreron vítimas da heroína, entre eles a súa amiga Babsi con 14 anos, a vítima máis nova, ademais de Andreas W. (Atze), que deixou unha carta con consellos para os mozos alertando sobre o perigo da heroína, e Axel, ámbolos dous con 17. Christiane sobreviviu, pero nunca conseguiu librarse da adicción. Aos 45 anos tomaba varios medicamentos, pasaba regularmente por sesións, tivo moitos intentos e seguiu moitas terapias para abandonar o hábito, pero sen conseguir resultados.
Christiane ten hepatite C (enfermidade incurable) e problemas circulatorios. Os médicos, despois de afirmaren que, debido aos seus problemas circulatorios, pode ter unha crise en calquera momento, din tamén que o seu estado é irreversible. En decembro de 2005, o servizo público de saúde alemán rexistrou dous ingresos da paciente.
Christiane pasou un período vivindo nun apartamento en Berlín con dous tíos e co seu fillo, Jan-Niklas. Detlef tamén sobreviviu e traballa como condutor de autobús en Berlín. Vive coa súa muller e cos seus fillos e di que se librou das drogas en 1980.
Na actualidade
editarAos 46 anos de idade volveu consumir drogas duras. O seu fillo vive actualmente nunha institución para menores nos arredores de Berlín, e os avós deberanlle axudar a decidir cal será a súa futura vivenda.
Ó inicio de 2008, ela e o seu mozo decidiron emigrar aos Países Baixos, levando ao fillo. Ao ter coñecemento deste feito, a xustiza alemá quedou coa custodia, coa axuda da policía. Pouco tempo despois, secuestrou o seu propio fillo e escapou a Ámsterdan. Na capital neerlandesa, Christiane volveu consumir heroína. Despois dun desencontro co seu noivo, Christiane regresou a finais de xuño de 2008 a Alemaña, momento no que as autoridades alemás procederon a quitarlle a custodia do fillo[1].