Christian Otto Mohr
Christian Otto Mohr, nado en Wesselburen o 8 de outubro de 1835 e finado en Dresde o 2 de outubro de 1918, foi un enxeñeiro civil alemán, un dos máis celebrados do século XIX.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de outubro de 1835 ![]() Wesselburen (Confederación Xermánica) ![]() |
Morte | 2 de outubro de 1918 ![]() Dresden, Alemaña ![]() |
Lugar de sepultura | Johannisfriedhof (pt) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Hanover (pt) ![]() ![]() |
Director de tese | Moritz Rühlmann ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Engineer's degree (en) ![]() ![]() |
Ocupación | enxeñeiro civil, profesor universitario, enxeñeiro, matemático ![]() |
Empregador | Universität Stuttgart Technische Universität Dresden ![]() |
Membro de | |
Profesores | Moritz Rühlmann ![]() |
Alumnos | August Föppl (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Fillos | Ernst Mohr ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarMohr pertenceu a unha familia terratenente de Wesselburen na rexión de Holstein e estudou na Escola Politécnica de Hannover. A comezos de 1855, durante os primeiros anos da súa vida laboral estivo traballando no deseño de vías de ferrocarril para as vías dos estados de Hannover e Oldenburg na actual Baixa Saxonia, deseñando algunhas pontes famosas e creando algún dos primeiros armados de aceiro.
Aínda nos seus primeiros anos construíndo vías de tren, Mohr sentíase moi interesado polas teorías de mecánica e a resistencia de materiais e no 1867, fíxose mestre de mecánica no Politécnico de Stuttgart e no 1873 no Politécnico de Dresde. Mohr tiña un estilo directo e sinxelo que era moi popular entre os seus estudantes. Retirouse en 1900.
Logros científicos
editarEn 1874, formalizou, a até entón só intuitiva, idea dunha estrutura estaticamente indeterminada (hiperestática).
Mohr foi un entusiasta das ferramentas gráficas e desenvolveu un método para representar de xeito visual as tensións en tres dimensións, previamente proposto por Carl Culmann. En 1882 desenvolveu o método gráfico en dúas dimensións para a análise do tensor de tensións, coñecido coma círculo de Mohr e o usou para propor a nova teoría de resistencia de materiais, baseada no esforzo cortante. Tamén desenvolveu o diagrama Williot-Mohr para o desprazamento de armaduras e a teoría de Maxwell-Mohr para a análise de estruturas estaticamente indeterminadas.