Christian Friedrich Ecklon
Christian Friedrich Ecklon, nado en Åbenrå o 17 de decembro de 1795 e finado en Cidade do Cabo en 1868, foi un botánico, colleiteiro e boticario dinamarqués.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1795 ![]() Aabenraa, Dinamarca ![]() |
Morte | 9 de outubro de 1868 ![]() Cidade do Cabo, Suráfrica ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica ![]() |
Lugar de traballo | Hamburgo Colonia do Cabo ![]() |
Ocupación | explorador, farmacéutico, entomólogo, botánico, coleccionista de plantas ![]() |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Eckl. ![]() |
Arquivos en |
|
Premios | |
Traxectoria
editarEcklon realizou expedicións de colleitas en Suráfrica, sendo a súa primeira viaxe en 1823, primeiro como aprendiz de botica e logo farmacéutico, tratando a flora con fins medicinais. Sen fondos e coa súa saúde deteriorada viuse forzado a vivir en pobre forma, vendendo bulbos ou preparando remedos herbales. Así e todo, retorna a Europa en 1828, levando unha importante cantidade de especies de herbario.
Durante a súa estancia en Hamburgo, de 1833 a 1838, traballou na revisión desta colección. Este herbario constitúese na base da Flora Capensis (1860-1865) polo seu amigo, o farmacéutico hamburgués Otto W. Sonder (1812-1881) en colaboración co seu colega irlandés William H. Harvey (1811-1866).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- William H. Harvey, Otto W. Sonder e William Turner Thiselton-Dyer (Editor). Flora Capensis: Being a Systematic Description of the Plants of the Cape Colony, Caffraria, & Port Natal (and Neighbouring Territories), xaneiro de 1900; ISBN 3-7682-0637-8