Chorente, Sarria
San Xulián de Chorente é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 464 habitantes (222 homes e 242 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 493 habitantes.
Chorente | |
---|---|
Igrexa de San Xulián de Chorente. | |
Concello | Sarria[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°43′15″N 7°27′43″O / 42.72082887, -7.46202112 |
Poboación | 364 hab. (2021) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2021 tiña 364 habitantes, 190 mulleres e 174 homes, segundo o INE.
Na parroquia de Chorente naceu a política do BNG Ana Pontón.
Toponimia
editarSegundo Nicandro Ares o nome de Chorente deriva do antropónimo Florentius,[2] que sería o seu posuidor, nome de persoa moi usado por cristiáns e pagáns. E Florentius viría de florens, -entis, florecente.
Economía
editarDestaca a fábrica de cemento de Cementos del Noroeste no Oural.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial ten a fachada en estilo románico, sendo o resto unha construción do século XVIII. Hai dúas capelas na honra de san Marcos e santo Antonio.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Sarria.
Lugares e parroquias
editarLugares de Chorente
editarLugares da parroquia de Chorente no concello de Sarria (Lugo) | |
---|---|
Airexe | Carballo | Ferradal | O Oural | A Quintá | Sanguñedo | Santigoso | Traslodeiro | Vilaverde |
Parroquias de Sarria
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.