Choloepus hoffmanni
Choloepus hoffmanni é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos, suborde dos folívoros e familia dos megalorrínquidos,[1] unha das dúas do xénero Choloepus que, á súa vez, é o único da familia.[2]
Choloepus hoffmanni | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Choloepus hoffmanni en Sarapiqui, Costa Rica. | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Choloepus hoffmanni Peters, 1858 | |||||||||||||||||||||
Área de distribución de Choloepus hoffmanni
|
É un animal solitario, nocturno e arborícola, que habita nas selvas de América Central e do Sur (maduras e secundarias) e en bosques caducifolios.
O seu nome específico conmemora ao naturalista alemán Karl Hoffmann.
Distribución e hábitat
editarO Choloepus hoffmanni é atopado no dosel de selvas en dúas rexións separadas de Suramérica:
- unha poboación habita en Honduras oriental, do norte de Ecuador occidental ao sur,
- e a outra no Perú oriental, Brasil occidental, e Bolivia setentrional.
Habita en bosques tropicais a 3 300 m por riba do nivel do mar.
Subespecies
editarAs cinco subespecies recoñecidas en Choloepus hoffmanni son:[1]
Vida
editarO cortexo sexual consiste en que a femia lambe a cara do macho mentres frega os seus xenitais contra o corpo deste.
A xestación dura entre 355 e 377 días,[3] e dá lugar ao nacemento dun só individuo novo.[4]
Choloepus hoffmanni alcanza a madurez sexual entre os dous e os catro anos de idade, e viven ata os 32 anos en catividade.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Choloepus hoffmanni no MSW.
- ↑ Megalonychidae en MSW.
- ↑ Gilmore, D. P.; Da Costa, C. P. & Duarte, D. P. F. (2000): "An update on the physiology of two- and three-toed sloths". Brazilian Journal of Medical and Biological Research, 33 (2): 129-146.
- ↑ Taube, E.; et al. (2001). "Reproductive biology and postnatal development in sloths, Bradypus and Choloepus: review with original data from the field (French Guiana) and from captivity". Mammal Review 31 (3–4): 173–188.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Choloepus hoffmanni |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Choloepus hoffmanni |
Bibliografía
editar- Nowak, R. (1999): Walker's Mammals of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press.
- Vizcaíno, S. & W. Loughry (2008): The Biology of the Xenarthra. Gainsville, Florida, USA: The University Press of Florida.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference' 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Choloepus hoffmanni na ADW. Con abundantísima información, imaxes e referencias bibliográficas (en inglés)
- Choloepus hoffmanni na EOL. Con información, numerosas imaxes e 4 mapas de distribución (en inglés).