Chingiz
Chingiz Mustafayev, máis coñecido simplemente como Chingiz, é un cantante, compositor e guitarrista acerbaixano nado en Moscova. Representará ao seu país no Festival de Eurovisión 2019 en Tel Aviv coa canción "Truth".
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (az) Çingiz Mustafayev ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de marzo de 1991 ![]() Moscova, Rusia ![]() |
Outros nomes | Chingiz ![]() |
Educación | Baku Academy of Music (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, cantautor ![]() |
Período de actividade | 2007 ![]() |
Xénero artístico | Música pop e folk ![]() |
Instrumento | Voz e guitarra ![]() |
Participou en | |
maio de 2019 | Festival de Eurovisión 2019 (8º) ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Biografía
editarChingiz naceu en Moscova e mudouse a Qazax, Azerbaidján, cando tiña seis anos de idade. Aprendeu a tocar a guitarra e empezou a compor cancións cando era moi novo.[1]
Carreira
editarCon 13 anos, mudouse coa súa nai e o seu irmán a Bakú, onde se presentou á versión acerbaixana de Pop Idol en 2007. Chingiz gañoua competición, e pouco despois converteuse nunha nova estrela na industria musical de Azerbaidján. En 2013, representou a Azerbaidján internacionalmente no Festival New Wave en Jūrmala, Letonia, quedando na posición 11 e cantando nun solo con Polina Gagarina. Tres anos despois, Mustafayev audicionou para a sexta edición de The Voice of Ukraine, quedando eliminado nas batallas. Dende aí, Chingiz fixo carreira co seu grupo Palmas, chamándose así Chingiz & Palmas, mesturando o folk tradicional de Azerbaidján e Turquía con aires flamencos e pop. A principios de 2019, Chingiz lanzou en solitario o sinxelo "Tənha gəzən".
O 8 de marzo de 2019, confirmouse que Chingiz representaría a Azerbaidján no Festival de Eurovisión 2019 coa canción "Truth", actuando na segunda semi-final o 16 de maio de 2019 en Tel Aviv.
Discografía
editarSinxelos
editarTítulo | Ano | Álbum |
---|---|---|
"Qürbət" | 2018 | — |
"Get" | ||
"Tənha gəzən" | 2019 | |
"Truth" |
Notas
editar- ↑ "Chingiz - Eurovision Song Contest Tel Aviv 2019". eurovision.tv. Consultado o 2019-03-08.
Predecesor: "X My Heart" Aisel |
Azerbaidján no Festival de Eurovisión 2019 |
Sucesor: "-" - |