Chefa Alonso
compositora, saxofonista e percusionista galega
Chefa Alonso, nada na Coruña en 1955, é unha compositora, saxofonista e percusionista galega, nada na Coruña. Centra a súa actividade na improvisación.
![]() (2010) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositora, percusionista, saxofonista, médica ![]() |
Instrumento | Saxofón ![]() |
![]() ![]() |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Traxectoria
editarEstudou medicina e música. É doutora en improvisación libre e composición pola Brunel University (2007). Participou en festivais de free jazz e improvisación en Alemaña, Austria, Brasil, Francia, Inglaterra, México e Suíza.
Forma parte dos grupos Sin Red (cuarteto de improvisación libre), Uz, trío de vientos, Akafree e en dúo co pianista Alberto Kaul. Forma parte das orquestras de improvisación LIO (London Improvisers Orchestra), Orquesta FOCO (Orquesta de Improvisadores de Madrid) e Omega (Orquestra de Música Espontánea de Galicia).
Discografía
editar- Uz: tres tubos, con Miguel Bestard e Marcos Monge. Clamshell Records. 2012
- El azar fiable, con Albert Kaul (piano). 2011
- Aguacero, Sin Red (Víctor M. Diez, Cova Villegas e Ildefonso Rodríguez). 2010
- El ojo del huracán, en dúo co pianista alemán Albert Kaul. Alg-a, 2010.
- John Russel, dúo. Emanem. Londres. 2007
- Sin Red 2005. Sound Deluxe Producciones.
- Freedom of the city 2006. Emanem. Londres
- Freedom of the city 2005, coa LIO (London Improvisers Orchestra).
Obra
editar- Improvisación libre: la composición en movimiento (Dos acordes, 2008, ISBN 978-84-933880-4-1)