Charles Gounod
Charles-François Gounod, nado en París o 17 de xuño de 1818 e finado en Saint-Cloud o 18 de outubro de 1893, foi un compositor francés famoso sobre todo polas súas óperas e música relixiosa.
Traxectoria
editarGounod era fillo dun pintor e dunha pianista.[1] Moi novo, entrou no Conservatorio de París, onde foi alumno de Jacques Fromental Halévy e Lesueur. En 1839, compuxo unha cantata (Ferdinand) e gañou o Prix de Rome,[2] un recoñecido premio para compositores novos, que daba dereito a unha bolsa de estudos en Italia.
Gounod foi a Roma, onde ficou por tres anos, e entrou en contacto coa música polifónica do século XVI, en especial coa música do compositor renacentista italiano Giovanni Pierluigi da Palestrina.[3] Tomado por ideas místicas (que nunca o abandonaron completamente), pensou en entrar no sacerdocio e comezou a compor música relixiosa.
Terminados os seus estudos en Italia, regresou a Francia, mais non sen antes pasar por Viena, e asumiu o cargo de organista na Igrexa das Misións Estranxeiras en París, que ocupou durante tres anos. Por volta desa época, coñeceu dúas mulleres que tiveron grande influencia na súa vida: unha foi a cantante Pauline Viardot, que o introduciu no mundo da ópera, e a outra foi Fanny Hensel, que presentou a Gounod o seu irmán, o célebre compositor Felix Mendelssohn.[4] A través de Mendelssohn, Gounod entrou en contacto coa música de Bach, entón pouco coñecida.[5]
A primeira ópera de Gounod, Sappho, estreouse en 1851. Seguírona varias óperas, mais as máis importantes foron Faust (1859), Mireille (1864), Roméo et Juliette (1867), as tres entre as máis populares do repertorio de ópera francés.
En 1852, Gounod converteuse no rexente da Orphéon Choral Society de París, para o que escribiu varias pezas de música coral, incluídas dúas misas.[3]
Ao estalar a guerra franco-prusiana (1870), Gounod refuxiouse en Inglaterra, onde permaneceu ata 1875. Aló, tivo unha amante inglesa, Georgina Weldon, e a súa música gozou dun grande éxito na Inglaterra vitoriana.[6]
Nos últimos anos da súa vida, Gounod só compuxo música relixiosa.
Obras
editarÓperas
editar- 1851: Sappho
- 1854: La nonne sanglante
- 1858: Le médecin malgré lui
- 1859: Faust
- 1860: Philémon et Baucis
- 1860: La colombe
- 1862: La Reine de Saba
- 1864: Mireille
- 1867: Roméo et Juliette
- 1877: Cinq-mars
- 1878: Polyeucte
- 1881: Le tribut de Zamora
Oratorios
editar- 1866: Tobie
- 1871: Gallia
- 1878: Jésus sur le lac de Tibériade
- 1882: La rédemption
- 1883: Christus factus est
- 1884: Mors et vita
Música sinfónica
editar- Sinfonía n.º 1
- Sinfonía n.º 2
Música de cámara
editar- Cuarteto para cordas en la menor
- Cuarteto para cordas n.º 1, en dó menor «Le petit quatuor»
- Cuarteto para cordas n.º 2, en la maior
- Cuarteto para cordas n.º 3, en fa maior
- 1885: Petite symphonie para nove instrumentos de vento (unha ou dúas frautas, dous óboes, dous clarinetes, dúas trompas e dous fagots)
Notas
editar- ↑ Huebner, Steven. "Gounod, Charles-François", Grove Music Online, Oxford University Press, 2001. Consultado o 21 de novembro de 2019
- ↑ Hillemacher, p. 14
- ↑ 3,0 3,1 Charles Gounod. - Encyclopædia Britannica
- ↑ Harding, pp. 42–44
- ↑ Hendrie, pp. 5–6
- ↑ Harding, p. 166
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Gounod |
Bibliografía
editar- Harding, James (1973). Gounod. Londres: Allen and Unwin. ISBN 978-0-04-780021-4.
- Hendrie, Gerald (1971). Mendelssohn's Rediscovery of Bach. Bletchley: Open University Press. ISBN 978-0-335-00516-1.
- Hillemacher, Paul (1905). Charles Gounod. Les musiciens célèbres (en francés). París: Laurens. OCLC 166055265.