Chamaeleo
Chamaeleo Rango fósil: mioceno temperán - actualidade (16,9 - 0 Millóns de anos)[1] | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Camaleón común (Chamaeleo chamaeleon) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||
Chamaeleo parisiensium Laurenti, 1768 | |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Chamaeleo é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, o tipo da familia dos camaleónidos e da subfamilia dos camaleoninos.
O xénero comprende numerosas especies, a maioría delas distrubídas na África subsahariana, pero algunhas tamén están presentes no norte de África, no sur de Europa e no sur de Asia oriental, até a India e Sri Lanka.
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero foi descrito en 1768 polo médico e naturalista austríaco Josephus Nicolaus Laurenti, na súa obra Specimen Medicum, Exhibens Synopsin Reptilium Emendatam cum Experimentis circa Venena, sobre a función do veleno nos réptiles e anfibios. Neste importante libro sobre herpetoloxía definiu trinta xéneros de réptiles, mentres que na 10ª edición do Systema Naturae, de Linnaeus, publicada en 1758, definíanse só dez xéneros.
Etimoloxía
editarO nome científico Chamaeleo deriva do latín chămaelĕōn,[2] tirado do grego antigo χαμαιλέων chamailéōn,[2][3] voz formada polos elementos χαμαί chamaí, "en terra", "polo chan", e λέων léōv, "león".[3] Literalmente: "león da terra".
Controversias taxonómicas
editar- Artigo principal: Camaleón.
Chamaeleo é o xénero tipo da familia dos camaleónidos e da subfamilia dos camaleoninos. Moitos xéneros desta subfamilia (Bradypodion, Calumma, Furcifer, Kinyongia, Nadzikambia e Trioceros) estiveron no pasado incluídos en Chamaleo, pero agora considéranse xéneros distintos.
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]
- Phumanola Gray, 1864
- Calyptosaura Gray, 1864
- Erizia Gray, 1864
Clasificación
editarNa actualidade reoñécense no xénero as 14 especies seguintes:[5]
- Chamaeleo africanus Laurenti, 1768
- Chamaeleo anchietae Bocage, 1872
- Chamaeleo arabicus Matschie, 1893
- Chamaeleo calcaricarens Böhme, 1985
- Chamaeleo calyptratus A. M. C. Duméril & A. H. A. Duméril, 1851
- Chamaeleo chamaeleon (Linnaeus, 1758)
- Chamaeleo dilepis Leach, 1819
- Chamaeleo gracilis Hallowell, 1842
- Chamaeleo laevigatus Gray, 1863
- Chamaeleo monachus Gray, 1865
- Chamaeleo namaquensis A. Smith, 1831
- Chamaeleo necasi Ullenbruch, Krause & Böhme, 2007
- Chamaeleo senegalensis Daudin, 1802
- Chamaeleo zeylanicus Laurenti, 1768
Características
editar- Artigos principais: Camaleón e Protráctil.
As especies do Chamaeleo son de movementos lentos, e poden mover os ollos de maneira independente. Poden cambiar de cor. Teñen unha ligua longa e unha cola prénsil. Os machos son xeralmente máis grandes e coloridos que as femias. Adoitan medir entre 15 e 40 cm (sen contar a cola).
Comportamento
editar- Artigo principal: Camaleón.
A gran maioría son arborícolas e poden ser encontrados normalmente en árbores e arbustos, pero hai algunhas especies, como Chamaeleo namaquensis, que son principalmente terrestres. Todas as especies son ovíparas.
Notas
editar- ↑ Chamaeleo Laurenti 1768 en Fossilworks.
- ↑ 2,0 2,1 chămaelĕon, -ōnis en: Charlton T. Lewis & Charles Short (1879): A Latin Dictionary. Oxford: Clarendon Press.
- ↑ 3,0 3,1 χαμαιλέων en: Henry George Liddell & Robert Scott (1843): A Greek–English Lexicon. Oxford: Oxford University Press.
- ↑ Chamaeleo Laurenti, 1768 en Wikispecies.
- ↑ Chamaeleo Laurenti, 1768 no ITIS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chamaeleo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chamaeleo |
Bibliografía
editar- Davison, Linda J. (1997): Chameleons: Their Care and Breeding. Surrey, Columbia Británica, Canadá: Hancock House Publishers. ISBN 978-0-8883-9353-1.
- Le Berre, François; Bartlett, Richard D. (2009): The Chameleon Handbook. 3rd Edition. Hauppauge, Estado de Nova York: Barron's Educational Series. ISBN 978-0-7641-4142-3.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Chamaeleo na ADW.
- Chameleons. Chamaeleo na EOL.