Chaetophractus vellerosus
Chaetophractus vellerosus é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (a única da orde), e subfamilia dos eufractinos, unha das tres que integran o xénero Chaetophractus.[2]
Chaetophractus vellerosus Armadillo peludo gritador | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Chaetophractus vellerosus (Gray, 1865) | |||||||||||||||||||||
Distribución de Chaetophractus vellerosus.
|
É un armadillo suramericano que habita en Bolivia, Paraguai e a Arxentina.[1]
Características
editarChaetophractus vellerosus é un animal duns 25 cm de lonxitude, robusto, de forma aplanada, co corpo cuberto dunha vintena de bandas dunha cor gris escura. A parte superior da cabeza, a parte exterior das patas e a cola tamén están cubertos coa coiraza. As placas que conforman a armadura son mouras, ásperas ao tacto e visualmente similares ás escamas dos crocodilos.
Hábitat e distribución
editarEsta especie adáptase ben a case todos os tipos de ambientes, sempre que non sexan demasiado húmidos. Polo tanto pódese encontrar en bosques secos tropicais e subtropicais, en pradeiras con ou sen arbustos, en áreas de deserto, e en campos cultivados.
Chaetophractus vellerosus encóntrase xeralmente na rexión do Chaco de Bolivia, en Paraguai e na Arxentina.[3][4] Unha poboación disxunta sitúase na parte oriental da provincia de Buenos Aires.[5][6][7][8][9]
Pódese encontrar en altitudes desde o nivel do mar até os 1 000 msnm. Os rexistros da especie efectuados en Chile probabelmente sexan de Chaetophractus nationi.[1]
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1865 polo naturalista inglés John Edward Gray en Proc. Zool. Soc. Lond., 1865: 376,[10] a partir dun exemplar do Museo Británico recolectado en Santa Cruz de la Sierra (leste de Bolivia) e que Gray denominou Dasypus vellerosus.[11]
Sinonimia
editarAdemais de polo nome que lle adxudicou Gray, e do actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[10]
- Chaetophractus vallerosus Thomas, 1923
- Chaetophractus villerosus Grandidier & Neveu-Lemaire, 1908
- Chaetophractus brevirostris Fitzinger, 1860
Subespecies
editarNa actualidade recoñécense estas dúas subespecies:[10][12]
- Chaetophractus vellerosus (Gray, 1865)
- Chaetophractus vellerosus vellerosus (Gray, 1865)
- Chaetophractus vellerosus pannosus (Gardner, 2007)
Aínda que, segundo a UICN, é necesaria a súa confirmación taxonómica.[1]
Estado de conservación
editarDesde o ano 2006, a UICN vén cualificando o status da especie como LC (pouco preocupante), debido a que, aínda que é susceptíbel de sufrir a caza nalgunhas partes da súa área de dispersión, a especie está moi estendida, e considérase que as taxas de extracción teñen un nivel que lle garantiza no ter que ser incluída nunha categoría ameazada. Porén, a poboación disxunta na provincia de Buenos Aires está suxeita a modificacións no seu hábitat.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Abba, A. M.; Cuéllar, E. & Superina, M. (2014): Chaetophractus vellerosus na Lista vermella da UICN.
- ↑ Chaetophractus en MSW.
- ↑ Gardner, A. L. (2005): "Order Cingulata". En: D. E. Wilson & D. M. Reeder (eds.), Mammal Species of the World: A taxonomic and geographic reference. 3ª edición, pp. 94-99.
- ↑ Abba, A. M.; Tognelli, M. F.; Seitz, V. P.; Bender, J. B. & Vizcaíno, S. F. (2012): "Distribution of extant xenarthrans (Mammalia: Xenarthra) in Argentina using species distribution models". Mammalia 76: 123-136.
- ↑ Crespo, J. A. (1974): "Comentarios sobre nuevas localidades para mamíferos de Argentina y Bolivia". Revista del Museo Argentino Ciencias Naturales "Bernardino Rivadavia" 11: 1-31.
- ↑ Carlini, A. A. & Vizcaíno, S. F. (1987): "A new record of the armadillo Chaetophractus vellerosus in the Buenos Aires Province of Argentine: possible causes for the disjunct distribution". Studies on Neotropical Fauna and Environment 22: 53-56.
- ↑ Abba, A. M., Cassini, M. H. & Vizcaíno, S. F. (2007): "Effects of land use on the distribution of three species of armadillos (Mammalia, Dasypodidae) in the pampas, Argentina". Journal of Mammalogy 88 (2): 502-507.
- ↑ Abba, A. M. & Cassini, M. H. (2008): "Ecology and conservation of three species of armadillos in the Pampas region, Argentina". En: S. F. Vizcaíno & J. W. Loughry (eds.) Biology of the Xenarthra, pp. 300-305. University Press of Florida.
- ↑ Abba, A. M.; Cassini, G. H.; Cassini, M. H. & Vizcaíno, S. F. (2011): "Historia natural del piche llorón Chaetophractus vellerosus (Mammalia: Xenarthra: Dasypodidae)". Revista Chilena de Historia Natural 84: 51-64.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Chaetophractus vellerosus en MSW,
- ↑ Gray, J. E. (1865): "Revision of the Genera and Species of Entomophagous Edentata founded on the examination of the specimens in the British Museum". Proceedings of the Zoological Society of London, páxina 376.
- ↑ Chaetophractus vellerosus (Gray, 1865) Arquivado 01 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. en Catalogue of Life: 23rd December 2015. Species 2000. ITIS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chaetophractus vellerosus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chaetophractus vellerosus |
Bibliografía
editar- McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.