Basket Club Ferrara
O Basket Club Ferrara foi un club de baloncesto italiano con sede na cidade italiana de Ferrara, na rexión de Emilia Romaña, fundado en 1999 e desaparecido en 2011. Nas temporadas 2008-09 e 2009-10 competiu na Serie A da Liga Italiana.
Basket Club Ferrara | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1999 |
Desaparición | 2011 |
Cores | Branco, prata, negro |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | PalaCarife |
Capacidade | 3.504 |
Inauguración | 1982 |
Historia
editarO club, fundado en 1999, comeza a súa andaina nas categorías inferiores do baloncesto italiano, acadando o ascenso á Serie A2 na súa terceira tempada de existencia. Tras clasificarse en dúas ocasións para os play-offs de ascenso en 2004 e 2006, finalmente conseguiu chegar á máxima categoría en 2008. Porén, tras tan só dous anos, descende na temporada 2009-10. Despois da temporada 2010–11 na segunda categoría, o presidente do club Roberto Mascellani vende os dereitos do Ferrara ao Biancoblù Basket Bologna, equipo que tentou suplir durante 2011 e 2013 ao Fortituto Bologna, acabando coa actividade do club. O equipo renacería entón co nome de Pallacanestro Ferrara 2011, competindo na temporada 2015-16 na Serie A2.
Patrocinadores
editarAo longo dos anos, debido a patrocinios, o club foi coñecido como:
- Sinteco Ferrara (1999-2002)
- Carife Ferrara (2002–2010)
- NaturHouse Ferrara (2010–2011)
Xogadores
editarDestacados
editar- Monty Mack 1 temporada: '01-'02
- Frantz Pierre-Louis 1 temporada: '01-'02
- Terence Black 1 temporada: '01-'02
- Venson Hamilton 1 temporada: '01-'02
- Michael Williams 3 temporadas: '02-'05
- Cristiano Grappasonni 2 temporadas: '02-'04
- Brian Tolbert 1 temporada: '02-'03
- Albert Burditt 1 temporada: '02-'03
- Geno Carlisle 1 temporada: '02-'03
- Andrea Ghiacci 3 temporadas: '03-'06
- Terrell McIntyre 1 temporada: '03-'04
- MC Mazique 1 temporada: '03-'04
- Jobey Thomas 2 temporadas: '04-'06
- Glen Whisby 1 temporada: '04-'05
- Titus Ivory 1 temporada: '04-'05
- Leonardo Busca 1 temporada: '04-'05
- Brent Darby 1 temporada: '05-'06
- Paul Marigney 1 temporada: '06-'07