Cerbère
Cerbère (en catalán: Cervera de la Marenda) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón de Côte Vermeille e contaba con 1.573 habitantes en 2008.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Occitania | ||||
Departamento | Pireneos Orientais ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.213 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Banyuls de la Marenda metropolitan concentration area (en) ![]() ![]() | ||||
Superficie | 8,18 km² ![]() | ||||
Altitude | 0 m-643 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Cerbère (en) ![]() ![]() | Jean-Claude Portella (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 66290 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | cerbere-village.com ![]() |
Cerbère é o municipio francés máis oriental que é limítrofe con España. Limita concretamente con Portbou, na provincia de Xirona.
Xeografía
editarLimita con Banyuls-sur-Mer e con Portbou (España). A súa altitude oscila desde os 0 m ao nivel do Mediterráneo ata os 643 m nas Albères.
Forma parte da Costa Vermella.
Historia
editarNo lugar que hoxe ocupa a comuna de Cerbère atopáronse numerosos restos prehistóricos, e tamén é citada en documentos tanto da Idade Antiga como da Idade Media, pero será no século XIX cando a historia de Cerbère dará un tombo radical.
O 1864 asinouse un acordo entre España e Francia para facer pasar polo Col des Belitres o ferrocarril entre os dous estados e de construír as estacións fronteirizas de Portbou e de Cerbère, que foi inaugurada en 1878. O tránsito rapidamente logrou unha grande importancia e dado a diferenza de anchura das vías españolas e francesas foi necesaria a construción de grandes instalacións para facilitar o transbordo de mercancías.
Creceu considerablemente a poboación e en 1889 creouse a comuna de Cerbère que non parou de crecer ata moi pasada a metade do século XX cando a mecanización de moitas tarefas, a competencia doutros medios de transporte e máis adiante a supresión das barreiras aduaneiras supuxo unha certa redución dos postos de traballo.
O papel económico da estación de Cerbère continúa sendo bastante importante, a pesar de todo, como o testemuñan os 2,5 millóns de toneladas de mercancías (1998) ou os 15.000 trens anuais que transitan.
Hai que destacar tamén o incremento das actividades turísticas.
Lugares de interese
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerbère |