O centro espacial foi establecido en 1962 en Uchinoura, agora pertencente á cidade de Kimotsuki, na prefectura de Kagoshima. Orixinalmente era parte do Instituto de Ciencia Industrial da Universidade de Tokio, despois de que as instalacións equivalentes, en Iwaki (prefectura de Akita), pecharan. En 1964 o centro espacial pasou a ser parte do ISAS (Institute of Space and Aeronautical Science) e en 1981 converteuse nunha instalación de investigación independente, aínda que asociado ao ISAS. O seu nome cambiou de Centro Espacial de Kagoshima a Centro Espacial de Uchinoura ao formarse a JAXA (Japan Aerospace Exploration Agency). Desde o centro lánzanse tanto foguetes sonda como satélites, facendo tamén labores de seguimento e recolección de datos.[1]
- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Kagoshima" (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2020.