Centracántidos
(Redirección desde «Centracanthidae»)
Os Centracántidos (Centracanthidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos polo Atlántico oriental (incluíndo o Mediterráneo) e a costa africana.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/6/6a/Spicara_maena_male_spawning.jpg/300px-Spicara_maena_male_spawning.jpg)
Características
editarTeñen unha soa aleta dorsal, longa, con 11-13 espiñas e 9-17 radios brandos, unha aleta anal con tres espiñas puntiagudas, características do grupo, e 9-16 radios brandos; caudal furcada. Tamén unha mancha negra de forma cadrada nos flancos.
Boca moi protáctil.
Clasificación
editarDivídese en dous xéneros con nove especies:
- Xénero Centracanthus
- Xénero Spicara
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Centracántidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Centracántidos |