Celtiberia
A Celtiberia foi un territorio cambiante, ao longo do período descrito polos autores grecolatinos, que abarca as guerras de conquista e o posterior proceso de romanización.[1] Para tentar abordar a súa delimitación xeográfica, teremos que ter unha visión conxunta da Céltica hispana, moito máis ampla que a Celtiberia.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Lingua usada | Lingua celtibérica latín clásico ![]() | |||
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/6/68/Mapa-celtiberos.svg/265px-Mapa-celtiberos.svg.png)
Durante a Idade de Ferro, a Península Ibérica indoeuropea unificouse polo desenvolvemento das habilidades metalúrxicas, a lingua e un réxime de subsistencia máis ou menos pastoril, aínda que dividida en varios grupos culturais, con culturas materiais independentes e cronoloxías diferentes. O celtismo peninsular é, pois, un crebacabezas que inclúe diferentes comunidades.
Por tanto trátase sobre todo de delimitar un ámbito xeográfico, pero sobre todo etnocultural, que diferencian a Celtiberia doutros pobos co mesmo patrón cultural e lingüístico. Este territorio está formado polas actuais provincias de Soria, Segovia, Burgos, Guadalaxara, Teruel, Cuenca e Zaragoza.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Celtiberia |
Bibliografía
editar- "Celtiberia". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.