Celso Collazo Álvarez
Celso Collazo Álvarez, nado en Crecente cara a 1900 e finado en Covelo o 22 de setembro de 1936, foi un funcionario e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1900 ![]() Crecente, España ![]() |
Morte | 22 de setembro de 1936 ![]() Covelo, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, xornalista ![]() |
Familia | |
Fillos | Celso Collazo Lema ![]() |
Irmáns | Eugenio Collazo Álvarez ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de Eugenio Collazo Iglesias e irmán de Eugenio Collazo Álvarez. Funcionario municipal, obtivo a praza de Oficial primeiro do Concello de Mondariz en 1926.[1] Foi vicepresidente da Sociedade de Caza e Pesca de Mondariz en 1929.[2] Na República foi elixido secretario do Centro Republicano Democrático de Mondariz en xaneiro de 1932.[3] Simpatizante do Partido Galeguista, foi colaborador de Castelao. Foi correspondente de Faro de Vigo en Mondariz e colaborou en El Tea, onde escribiu artigos a favor do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936.[4][5]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi paseado o 22 de setembro e o seu cadáver apareceu en Santa Mariña de Covelo. Foi reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria xunto con Manuel Martínez Alonso, Francisco Bouzas Sánchez, José Troncoso Faro e Luís Soto Fernández o 8 de outubro de 1936.[6]
Vida persoal
editarCasou con Encarnación Lema e foi pai de Celso Collazo Lema.