Celestino Luís Crespo
Celestino Luís Crespo Crespo, nado en Betanzos en 1913 e finado na mesma vila o 19 de febreiro de 1965, foi un mestre, xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 ![]() Betanzos, España ![]() |
Morte | 19 de febreiro de 1965 ![]() Betanzos, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor ![]() |
Familia | |
Fillos | José Luis Crespo Garrido ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou o Bacharelato na Coruña e ingresou na escola Normal de Maxisterio. Afiliouse a Falange Española o 4 de febreiro de 1934.[1] Mobilizado durante a guerra, cando rematou foi mestre en Betanzos. Nos anos cincoenta foi mestre da escola graduada anexa á Escola Normal de Santiago de Compostela. Integrouse na vida cultural da posguerra compostelá formando parte do grupo dos "Catorce de Osebe", escritores, artistas e xornalistas en torno á figura de Aquilino Iglesia Alvariño. Foi o primeiro escritor que publicou un libro en galego en Galicia, Brétemas mariñás, trala guerra civil (1946). Escribiu dúas obras máis Estampas brigantinas e Agarimos que non chegaron a se publicar. Colaborou en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e La Noche. Finou en Betanzos o 19 de febreiro de 1965.[2]
Vida persoal
editarCasou con María de los Remedios Garrido Salorio e foi pai de José Luis, María del Carmen e Marcelino Crespo Garrido.
Notas
editar- ↑ Torres Regueiro, Xesús (2018). "Un achegamento á Falange local: O libro de afiliados á Falange de Betanzos (1936-1967)". Anuario Brigantino (41): 237–279.
- ↑ Necrolóxica en La Noche, 19-2-1965, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 542. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.