Ceca de Londinium
Ceca de Londinium
Antoniniano de Carausio | |
---|---|
![]() | |
IMP CARAVSIVS P F AVG; cabeza radiada e busto acoirazada cara á dereita. | LEG IIII FL, león andando cara á dereita; ML no exergo. |
Antoniniano. Ceca de Londinium (marca ML). Ca. 286-293. 2,99 g. [1] |
A ceca de Londinium foi un obradoiro monetario do Imperio Romano establecido na cidade de Londinium (a actual Londres).[2]
Historia
editarA ceca foi fundada polo usurpador Carausio en torno ao ano 286, xunto coa ceca de Camulodunum. Carausio cuñou aí moedas de ouro, de prata e de cobre. Ata ese momento, a Britania romana non tivera activo ningún outro establecemento de cuñaxe de moeda.[3][4]
Os áureos coñecidos a nome de Carausio son moi escasos, o que fai pensar que a provisión de ouro destinada á súa cuñaxe non debeu ser moi abundante, e ademais a lei do ouro era baixa en comparación coa establecida por Diocleciano para a cuñaxe dese metal.[3]
Agás unhas poucas excepcións, as emisións de prata limítanse a denarios, nos que non se reproduce ningunha das marcas de ceca habituais, aínda que si as letras RSR no exergo dos reversos. En analoxía coa inscrición COM(itis) habitual nos sólidos do baixo imperio, esas letras representan a expresión R(ationalis) S(ummae R(ei).[3]
A maior parte das moedas emitidas en Londinium a nome de Carausio son antoninianos, cuñados en cobre e cun baño de prata.[3]
A ceca foi utilizada tamén polo seu sucesor Alecto (293-296), quen non cuñou en prata e utilizou para o ouro a mesma baixa lei que Carausio.[3] Posteriormente, o obradoiro monetario sobreviviu á reconquista das illas por parte de Costancio Cloro e mantívose activa para as cuñaxes de toda a dinastía Constantiniana, ata que pechou cara ao ano 326.[4]
A partir de aí reabriu de xeito efémero baixo o usurpador Magno Máximo (383-388), coa denominación de Augusta (con marca de ceca AVG).[3][4][5][6]
Marcas de ceca
editarAs marcas de ceca máis utilizadas polo obradoiro monetario de Londinium foron: AVG, AVGOB (Augustae obryzum), AVGPS, L, LD, LG, LI, LN, LON, LVG, LVGD, LVGPS, ML (Moneta Londinii), MLL, MLN, MSL, PL (percussa Londinii), PLN, PLON e SML (Sacra Moneta Londinii).[3][5]
Notas
editar- ↑ RIC V pt. 2, 69 (variante).
- ↑ “Ceca de Londinium”. En Tesorillo.com
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Appendix 4: Roman coinage in London". En Hill, G. F. (1928). Páxinas 187-191
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Mattingly, H. (1928). Páxina 213.
- ↑ 5,0 5,1 "Roman Mints: Londinium (London, England)". Forum Ancient Coins.
- ↑ Mayreder, F. (1947). Páxinas 122-125.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ceca de Londinium |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- De Salis, J. F. W. (1867). "Roman Coins Struck in Britain". En The Numismatic Chronicle and Journal of the Numismatic Society. RNS. Londres. Vol. 7. Páxinas 57-62, 250.
- Hill, G. F. (1928). An Inventory of the Historical Monuments in London. Volume 3. Roman London. Royal Commission on Historical Monuments. Londres.
- Mattingly, H. (1928). Roman coins from the earliest times to the fall of the western empire. Taylor & Francis.
- Maurice, J. (1900). "L'atelier monétaire de Londres (Londinium) pendant la période constantinenne". En Numismatic Chronicle. 3ª serie. Nº 20. Páxinas 108-147.
- Mayreder, F. (1947). "Londinium or Augustodunum". En The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society. RNS. Londres. Vol. 7. Nº 3/4. Páxinas 122-125.
- (RIC): Roman Imperial Coinage (1923-1994). 10 volumes.