Ceba
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de ceba |
Ceba pódese referir a:
- No mundo da gandaría, a ceba é a acción de cebar un animal. O penso é o alimento co que se ceba o gando;
- Porco cebado, porco da ceba, cebón, cebote.
- En botánica, diferentes especies de algas verdes e outras plantas mariñas empregadas como fertilizantes (argazo) reciben os nomes vulgares de ceba ou xebra (ambas as dúas do xermánico se mar ou encoro e blum flor; flor de mar[1]):
- as plantas mariñas do xénero Zostera, xebras[2].
- a especie Zoostera marina, ceba común, xebra, lavanqueiro, golfe.
- a especie Ruppia maritima, xebra, cebado, lavanqueiro, paniño.
- a especie Enteromorpha intestinalis, xebra, limo, verdello, lavanqueira.
- as algas verdes do xénero Ulva, verzas de mar, leitugas de mar;
- as plantas mariñas do xénero Zostera, xebras[2].
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Ceba do Santísimo, costume celebrado en Santa Marta de Ortigueira, de celebrar unha poxa o día de Reis no adro da igrexa para adxudicar ao mellor ofertante o dereito de apañar as algas ou argazo da beiramar da vila nos domingos e demais días festivos do ano, co obxecto de dedicar os seus produtos en venda a soster o alumeado permanente do Santísimo na citada igrexa e a custear a festa do Corpus Christi. Supón García Ramos que esta concesión exclusiva debe proceder dun dos privilexios outorgados á vila polo Rei Sabio, pois os demais días da semana as algas mariñas son apañadas libremente polos veciños para o adubo das leiras, como se fai durante todo o ano no resto do litoral galego.[3]
Notas
editar- ↑ Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)
- ↑ Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
- ↑ Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Vigo, Editorial Galaxia.