Cayetana Álvarez de Toledo
Cayetana Álvarez de Toledo y Peralta-Ramos, XIII marquesa de Casa Fuerte, nada en Madrid o 15 de outubro de 1974, é unha xornalista, historiadora e política española[1]. Tamén posúe as nacionalidades arxentina e francesa. Militante do Partido Popular, foi deputada no Congreso por Madrid entre 2008 e 2015 e dende 2019 é deputada por Barcelona. É directora da área internacional de FAES.
![]() (2019) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Cayetana Álvarez de Toledo y Peralta-Ramos ![]() 15 de outubro de 1974 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
Representa: Partido Popular 3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Barcelona | |
![]() | |
17 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 Lexislatura: XIII Congreso de España Circunscrición electoral: Barcelona Electa en: April 2019 Spanish Congress of Deputies election in Barcelona (en) ![]() | |
![]() | |
7 de decembro de 2011 – 27 de outubro de 2015 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: 2011 Spanish General elections in Madrid (en) ![]() | |
![]() | |
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
Datos persoais | |
Relixión | Agnosticismo ![]() |
Educación | Universidade de Oxford Northlands School ![]() |
Tese académica | Politics and reform in Spain and New Spain : the life and thought of Juan de Palafox 1600-1659 (en) ![]() ![]() ![]() |
Director de tese | John Elliott ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | política, historiadora, xornalista ![]() |
Empregador | Universidade de Oxford El Mundo ![]() |
Partido político | Partido Popular (2008–) ![]() |
Membro de | |
Participou en | |
14 de xullo de 2014 | manifesto «Libres e Iguais» ![]() |
Outro | |
Título | Marquisate of Casa Fuerte (en) ![]() ![]() |
Familia | House of Álvarez de Toledo (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Joaquín Güell Ampuero (2001–2018) ![]() |
Sitio web | cayetanaalvarezdetoledo.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/7/73/Cayetana_%C3%81lvarez_de_Toledo_en_2009.jpg/220px-Cayetana_%C3%81lvarez_de_Toledo_en_2009.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/b/bc/Cayetana_%C3%81lvarez_de_Toledo.jpg/220px-Cayetana_%C3%81lvarez_de_Toledo.jpg)
Traxectoria
editarNaceu na capital española, filla de pai francés e nai arxentina.[1] Seu pai foi Juan Illán Álvarez de Toledo y Giraud, XII marqués de Casa Fuerte e súa nai Patricia Peralta-Ramos y Madero. Por vía materna provén dunha familia patricia arxentina que se remonta a Blas de Peralta e ao fundador da cidade de Mar del Plata, Patricio Peralta Ramos, entre outros.[2]
Pasou os primeiros anos da súa infancia en Londres e dende os sete anos viviu en Buenos Aires, onde asistiu á Northlands School. Volveu ao Reino Unido para realizar estudos universitarios e licenciouse en Historia Moderna pola Universidade de Oxford, e logo doutorouse cunha tese sobre o bispo Juan de Palafox, vicerrei de Nova España, dirixida polo historiador hispanista John Elliott.[1][3] O 20 de outubro de 2001 casou co empresario catalán (e curmán seu en grao décimo quinto)[4] Joaquín Güell Ampuero, da familia dos condes de Güell, con quen ten dúas fillas.[1] En xaneiro de 2018 a parella divorciouse.[5]
Logo do seu doutoramento, en setembro de 2000 ingresou como redactora no diario El Mundo, primeiro na sección de opinión e máis tarde pasou á de economía. Foi tamén tertuliana na cadea COPE no programa La Mañana que dirixía Federico Jiménez Losantos. En 2006 o secretario xeral do Partido Popular (PP), Ángel Acebes nomeouna xefa do seu gabinete, coa misión de asesoralo na estratexia política, xestionar a súa axenda e coordinar a elaboración dos seus discursos e intervencións parlamentarias.[6] Como xornalista de El Mundo, o Foro Económico Mundial elixiuna como «líder global nova» en 2008 polos «seus logros profesionais, compromiso coa sociedade e o seu potencial para contribuír a forxar o futuro do mundo».
Contra 2007 adquiriu a nacionalidade española e concorreu ás eleccións xerais de 2008 como número 9 na lista do PP ao Congreso pola circunscrición de Madrid, converténdose en deputada da IX lexislatura, e exerceu como voceira adxunta do grupo parlamentario Popular. Nas eleccións xerais de 2011 volveu concorrer como número 10 da lista do PP, renovando o seu escano na X lexislatura. No Congreso foi vicepresidenta da Comisión Mixta para a Unión Europea e vogal das Comisións de Xustiza e Constitucional. En 2012 ao falecer seu pai herdou o título de nobreza de marquesa de Casa Fuerte. En 2014 escribiu un artigo de opinión no Financial Times en contra da tendencia independentista do nacionalismo catalán[7] e nese ano foi unha das primeiras asinantes do manifesto Libres e Iguales, que rexeitaba calquera cesión nunha eventual negociación co independentismo catalán[8] e que deu orixe á plataforma do mesmo nome que a elixiu como voceira.[9]
En 2015 amosouse publicamente en desacordo coa política do entón presidente do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, en materia de rexeneración democrática, pola súa política económica, polo que consideraba pouca firmeza co separatismo catalán e pola erosión das institucións públicas.[10][11] Crítica coas posicións feministas, amosouse contraria á folga feminista do 8 de marzo de 2018[12] e en xuño dese ano, tras a disolución do goberno de Mariano Rajoy por mor da moción de censura presentada polo PSOE, malia afirmar que seguía no PP anunciou que ía votar por Ciudadanos, e pedía a fusión de ambos os dous partidos.[13]
Foi cabeza do PP para o Congreso dos Deputados en Barcelona nas eleccións xerais do 28 de abril de 2019,[14] e logrou o escano pero foron os peores resultados do partido na provincia na súa historia.[15][16] Nas seguintes eleccións, as do 10 de novembro dese mesmo ano, volveu obter de novo a designación de deputada por Barcelona.
Publicacións
editar- Politics and Reform in Spain and Viceregal Mexico: The Life and Thought of Juan De Palafox 1600-1659. Oxford: Oxford University Press. 2004.
- Tradución ao castelán, por M. Bacells e J. C. Bayo e con limiar de John Elliott:Juan de Palafox: Obispo y Virrey. Madrid: Centro de Estudios Europa Hispánica e Marcial Pons Ediciones de Historia. 2011.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Ficha Congreso de los Diputados". Madrid. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019.
- ↑ Elsa S. Vejo (6 de xuño de 2015). "Cayetana Álvarez de Toledo, la diputada marquesa que pide la cabeza de Rajoy". Estrella Digital.
- ↑ "Politics and Reform in Spain and Viceregal Mexico: The Life and Thought of Juan de Palafox, 1600–1659 (review)" (PDF). Renaissance Quarterly 59 (1). 2006. Archived from the original on 05 de marzo de 2016. Consultado o 30 de maio de 2020.
- ↑ Fluvià i Escorsa, Armand de (2003). «Parentiu de Don Josep Joaquim Güell i de Ampuero amb Dona Cayetana Álvarez de Toledo y Peralta». Paratge (Societat Catalana de Genealogia, Heràldica, Sigil·lografia, Vexil·lologia i Nobiliària), p. 57-60. ISSN 1130-339.
- ↑ "Cayetana Álvarez de Toledo, marquesa y ex diputada del PP, se divorcia de Joaquín Güell". El Confidencial. 6 de xaneiro de 2018.
- ↑ "«Cayetana Álvarez de Toledo, nueva jefa de gabinete de Acebes.»". El Mundo. 6 de setembro de 2006.
- ↑ "Europe cannot give in to separatists". Financial Times. 18 de febreiro de 2018.
- ↑ Cué, Carlos E. (15 de xullo de 2014). "Un manifiesto con Vargas Llosa y Suárez Illana pide a Rajoy que actúe contra Mas". El País.
- ↑ "«Los intelectuales de Libres e Iguales celebran en Madrid la Diada española.»". El Mundo. 12 de setembro de 2014.
- ↑ "«Cayetana Álvarez de Toledo: Anoche escribí al presidente Mariano Rajoy Brey.»". El Mundo. 14 de de outubro de 2015.
- ↑ "«Altercado en el Congreso entre dos diputadas del Partido Popular por las críticas de una de ellas a Mariano Rajoy.»". Público. 14 de outubro de de 2015.
- ↑ "«No a la guerra»". El Mundo. 8 de marzo de 2018.
- ↑ "Una papeleta". El Mundo. 9 de xuño de 2018.
- ↑ "«Cayetana Álvarez de Toledo será la número uno del PP por Barcelona»". El Mundo. 15 de marzo de 2019.
- ↑ "El PP se queda con un escaño en Catalunya, su peor resultado de la historia". Europa Press. 29 de abril de 2019.
- ↑ "Resultados en Barcelona de las elecciones generales 2019 - Escrutinio de los votos". 20minutos.es. 28 de abril de 2019.