Cats That Look Like Hitler

Cats That Look Like Hitler (en galego, "Gatos Que Parecen Hitler") é unha páxina web satírica co único propósito de ensinar fotos de gatos que teñen un parecido con Adolf Hitler, ditador do Terceiro Reich dende 1933 a 1945.[1] A estes gatos se lles chama comunmente en Internet coma "kitlers" (da palabra kitten ou gatito en Español e Hitler)[2] con trazos físicos facilmente diferénciabeis dos outros: un pelaxe con manchas cunha grande e negra debaixo do seu nariz (que asemella ao bigote de Hitler) e outros trazos que tamén suxiren unha expresión parecida ás que tiña o ditador; algúns outros teñen marcas negras diagonais nas súas cabezas que tamén se parecen ao floco de Hitler...

Cats That Look Like Hitler
Tipomeme de internet
Na rede
http://www.catsthatlooklikehitler.com/cgi-bin/seigmiaow.pl
editar datos en Wikidata ]

O sitio foi fundado por Koos Plegt e Paul Neve en 2006[3] e se volveu rapidamente coñecido despois de ensinarse en varios programas de televisión a través de Europa e Australia.[3][4][5][6]

Con todo, ao final Paul decidiu deixar o proxecto e agora o sitio só é administrado por Neve, tendo en febreiro de 2013 aprobadas unhas 7500 fotos de gatos, aínda que pouco despois parece que o sitio se abandonou, pois non recibe actualizacións desde abril de 2014.

editar

Os gatos son unha marca popular da cultura da Internet, e a páxina de Cats That Look Like Hitler pode ser considerado unha ramificación da cultura da fascinación dos gatos en Internet, o cal explicaría a súa popularidade, aínda que non sería o único motivo.

Foi mencionado en varias páxinas web gaming, sobre todo na agora defunta páxina australiana Total Gamer e tamén na páxina neozelandesa Edge Nightshow, nesta última sendo importante o comentario que fixo Brad Wattson sobre o seu gato 'Piggles' dicindo que era o kitler Nº1 no mundo.

Tamén foi mencionado en moitos xornais; en 2011 no The Daily Telegraph neste caso para falar dun kitler que era incapaz de ser adoptado polo seu parecido co ditador[7] ou no The Times onde Ben Machell entrevistou a un dos donos destes gatos que habían no sitio web e para tentar explicar a creación e popularidade dos gatos en Internet, incluíndo á propia páxina Cats That Look Like Hitler.

Machell mencionou que a misteriosa natureza e personalidade dos gatos era un obxectivo perfecto para a proxección da personalidade e as emocións, e lembra tamén a relación dos exipcios cos gatos, o que podería explicar todo este fenómeno.[8]

  1. Finkelstein, Daniel (2007-02-26). "Cats that look like Hitler". The Times. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2008. Consultado o 2008-08-06. 
  2. "Researchers find why some cats look like Hitler | The Times of Israel". www.timesofisrael.com. Arquivado dende o orixinal o 2021-04-20. Consultado o 2021-04-19. 
  3. 3,0 3,1 Mikita Brottman (2007-02-07). "Mein Kat". PopMatters. Arquivado dende o orixinal o 2008-07-21. Consultado o 2008-08-06. 
  4. Mikita Brottman (2007-02-07). "Mein Kat". PopMatters. Arquivado dende o orixinal o 2008-07-21. Consultado o 2008-08-06. 
  5. The Graham Norton Show (TV-series). UK: BBC. 2008. 
  6. Dan Walmsley (2006). The Breakfast Show Live: A History of the Web (TV-series). Australia: Dan Walmsley. 
  7. "Hitler cat 'overlooked for adoption because of markings'". www.telegraph.co.uk. 20 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 2021-02-18. Consultado o 2021-04-20. 
  8. Machell, Ben (2012-10-06). "What Is It About Cats?". thetimes.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro 2013. 


Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Ligazóns externas

editar