Caterina Scarpellini
Caterina Scarpellini Fabri, nada en Foligno o 29 de outubro de 1808[1] e finada no mesmo lugar o 28 de novembro de 1873, foi unha meteoróloga, astrónoma e matemática italiana.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de outubro de 1808 ![]() Foligno (Estados Pontificios) ![]() |
Morte | 28 de novembro de 1873 ![]() Roma (Reino de Italia) ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio comunal monumental Campo Verano ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía e meteoroloxía ![]() |
Ocupación | astrónoma, científica ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Erasmo Fabri Scarpellini ![]() |
Parentes | Félicien Scarpellini, tío paterno ![]() |
Traxectoria
editarFundou co seu marido a revista La Corrispondenza scientifica in Roma. Bullettino universale na que publicou algúns dos seus traballos. Estudou o ozono, mediu as concentracións de ozono no aire e determinou unha relación inversamente proporcional entre a concentración deste gas no aire e a propagación da epidemia de cólera en Roma en 1867. Estudou as eclipses solares, os terremotos, as choivas de meteoros. Documentou a observación dun gran cometa (C/1854 F1). Mediu condicións hidrométricas e hidrotermais do Tíber da súa época. Entre outros.
Organizou a estación meteorolóxica ozonométrica en Roma e descubriu un cometa no ano 1854.
Recoñecementos
editarEn 1872, Italia concedeulle unha medalla de ouro polo traballo que realizou en estatística.
Un cráter venusiano leva o seu apelido.
Notas
editar- ↑ "Caterina Scarpellini, astrónoma". mujeresconciencia.com. Consultado o 04-11-2017.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)