Catedral de Sigüenza
A Catedral de Sigüenza está dedicada a Santa María a Maior, patroa da cidade de Sigüenza, na provincia de Guadalaxara, en Castela-A Mancha. A catedral comezouse a construír durante o século XII segundo as directrices da arquitectura románica. Foi unha encarga do bispo Bernardo de Agén, que en 1124 lidera a conquista da cidade ós musulmáns e así restaura a antiga diocese. Durante os séculos vindeiros e baixo o mando de diferentes bispos, as obras adaptáronse ós estilos propios de cada época. A nave central foi feita en estilo gótico e no século XV cubríronse as voltas do cruceiro cando era bispo o cardeal Mendoza. A parte ornamental non se engadiu até ben entrado o século XVIII.[1]
Catedral de Sigüenza | |
---|---|
Vista xeral da catedral. | |
Datos xerais | |
País | España |
Rexión | Castela-A Mancha |
Tipo | Catedral |
Advocación | Santa María a Maior |
Localización | Sigüenza |
Coordenadas | 41°04′06″N 2°38′29″O / 41.068411, -2.641267 |
Catalogación | Monumento histórico |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Sigüenza-Guadalaxara |
Arquitectura | |
Construción | século XII |
Estilo | Románico e gótico |
Medidas | 80 x 31 m |
Páxina web | http://www.lacatedraldesiguenza.com/es/sample-page/ e https://catedralsiguenza.es/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na actualidade, entre tódolos estilos, destaca a arquitectura gótica, especialmente no aspecto interior. Isto débese, en parte, a unhas reformas realizadas durante o século XVI para construír o deambulatorio, obras nas que se destruíron as absidiolas laterais románicas. As dúas torres exteriores na fachada principal teñen ameas e danlle un aspecto de fortaleza militar ó edificio, detalle que tamén se olla noutros edificios relixiosos da mesma época, xa que tiñan unha función de templo-fortaleza. A de Sigüenza era chamada fortis seguntina.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral de Sigüenza |
Bibliografía
editar- Ávila, Ana (1993). Imágenes y símbolos en la arquitectura pintada española (1470-1560) (en castelán). Barcelona: Anthropos. ISBN 84-7658-417-2.
- Davara Rodríguez, Francisco Javier (1983). Diputación Provincial de Guadalajara, ed. La significación de la catedral medieval de Sigüenza (PDF). Wad-al-Hayara: Revista de estudios de Guadalajara (en castelán). ISSN 0214-7092. Consultado o 8 de setembro de 2010.
- De Federico, Aurelio (1954). La catedral de Sigüenza (en castelán). Madrid: Ediciones Plus Ultra.