Castro grande de Alcaiana
poboado fortificado en Malata (Vizoño, Abegondo)
O castro grande de Alcaiana, ou de Eira do Coto, é un castro da idade ferro romano situado na Malata, na parroquia de Vizoño do concello coruñés de Abegondo[1].
Castro grande de Alcaiana | |
---|---|
Parroquia | Vizoño |
Concello | Abegondo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 43°09′43″N 8°20′46″O / 43.1619601, -8.3460713 |
Id. catálogo | GA15001013 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | I-IV d.c.(?) |
Estado actual | Conservación regular |
Extensión estimada | 1.68 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Morfoloxía
editarConsta dun recinto fortificado principal de planta circular defendido por un alto parapeto. Ten unha plataforma exterior polo lado sueste, que se defende cunha dobre liña de muros con foxo intermedio. Nas partes norte e oeste aproveitan a caída natural do terreo. O parapeto está cortado polo acceso ó recinto central, na parte sueste, xunto con entullo recente no recinto central[1].
Ten unhas dimensións en planta duns 120 por 140 metros.
Arqueoloxía
editarNon se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Orde do 14 de setembro de 2012 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Abegondo". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2013.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |