Castro de Mouguías
O castro de Mouguías[1] foi un poboado castrexo situado na parroquia de Mouguías, no concello asturiano de Coaña. Estivo habitado durante os séculos I-II.
Castro de Mouguías | |
---|---|
Parroquia | Mouguías |
Concello | Coaña |
Provincia | Asturias |
Comunidade autónoma | Asturias |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | s. I-II |
Data da descuberta | 1939 |
Períodos de escavación | 1968-1989 |
Estado actual | Visitable |
Extensión estimada | 2 km² ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Asturias |
Características
editarO recinto sitúase nun outeiro a 1 km da costa. Cara ao norte e o oeste está protexido polo rego de Jarrío. Cara ao leste e o sur ten unha muralla de 1,5 m de ancho e tres foxos escavados na rocha alternados con outros tantos parapetos.
O trazado do espazo é bastante regular. As vivendas, en boa medida de planta cuadrangular coas esquinas arredondeadas, dispóñense ao longo de rúas cun trazado de tendencia ortogonal. Algunhas delas presentan escaleiras de acceso, polo que o recinto quizais se articulaba en varias alturas, cos alicerces sobre un foxo recheo con diversos materiais filtrantes. As construcións son de fileiras de lousa.
Hai canles de escoamento, tramos pavimentados e contrafortes acaroados ás esquinas das casas para protexelas do tránsito dos carros.
Escavacións
editarAs primeiras escavacións foron levadas a cabo entre 1968 e 1970 por Jesús Martínez e Juan Manuel Junceda, e continuadas por Emilio Olábarri durante 1971 e 1972. En 1982 Francico Jordá e J. González-Tablas realizaron algunhas sondaxes, e en 1989 Elías Carrocera levou a cabo outra escavación.
Puxéronse ao descuberto unhas 20 construcións no interior do recinto, e fíxose unha ampla sondaxe nun dos foxos.
Notas
editar- ↑ Repertorio toponímico e xentilícico da Terra Eo-Navia Arquivado 20 de agosto de 2021 en Wayback Machine. de Carlos Aenlle, páxina 31
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
editar- MARTÍNEZ FERNÁNDEZ, J. (1971): "Castro de Mohías: resultados de una investigación arqueológica", en Boletín del Instituto de Estudios Asturiano 73. Oviedo, 351-356.
Ligazóns externas
editar- "El Monte del Castro de Mohías", ficha en Castros de Asturias (en castelán).
- Castro de Mohías, ficha en Turismo de Asturias (en castelán).
- Castro de Mohías, ficha en Parque histórico del Navia (en castelán)