Castro de Amboade
O castro de Amboade é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Vilar de Ortelle no concello de Pantón.
Castro de Amboade | |
---|---|
Parroquia | Vilar de Ortelle |
Concello | Pantón |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27041020 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | 1,2 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Toponimia
editarNo século VIII aparece citado como Evolati, a finais do século XI Deuvoari, no século XIII Emboade e xa dende o século XV Amboade.
Descrición
editarEstá no declive do monte que, cara ao oeste, termina no lugar de Amboade, nas vertientes do río Miño. É redondo, cun diámetro de cento vinte metros da praza central. A súa altura dende o foso, é de oito a doce metros, segundo a profundidade do foso.
Ten un gran foso, en moita extensión, aberto na pena, de seis metros de ancho, de leste a oeste, un contrafoso, doutros seis metros de ancho, que, nos seus extremos, liga co foso; a súa altura, é de dez metros.
Facendo roturacións para edificar unha casa no mesmo foso do castro, foi atopado un amuleto de metal, de forma case triangular, figurando dous animais que sostiñan unha especia de escudo.
Notas
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |