Castelo de Simancas
O Castelo de Simancas é un castelo que se atopa na localidade valisoletana de Simancas.
Castelo de Simancas | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | Simancas |
Provincia | Valladolid |
Comunidade autónoma | Castela e León |
Coordenadas | 41°35′31″N 4°49′44″O / 41.59194444, -4.82888889 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | árabe (século XV) |
Estilo actual | 1950 |
Estado actual | Completo, restaurado |
Véxase tamén | |
Castelos de España | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarNo século XV a familia Enríquez, Almirantes de Castela, exercían o señorío de Simancas. Reconstruíron a vella fortaleza árabe e desta época é a capela. Pouco despois, en 1490, os Reis Católicos reclamárona para a coroa e convertérona en prisión de Estado.
Aquí estivo preso e foi executado con garrote vil o bispo de Zamora, don Antonio de Acuña, capitán comuneiro de Castela. Este personaxe tomou parte activa na batalla de Villalar xunto os tres comuneiros (Juan de Padilla, Juan Bravo e Francisco Maldonado) que foron executados ao día seguinte da batalla, pero el foi encerrado na torre do castelo,[1] dándolle a oportunidade de arrepentirse. Non se arrepentiu senón que estrangulou o alcaide da fortaleza e ao tratar de fuxir foi capturado de novo; o alcalde Ronquillo, por orde expresa de Carlos V, ordenou a súa morte que se executou o 24 de marzo de 1526.
O mariscal Pedro de Navarra, que foi apresado en 1516 na segunda contraofensiva para recuperar o Reino de Navarra tras a súa conquista, foi asasinado neste castelo o 24 de novembro de 1522.
Filipe II transformou o castelo en Arquivo Xeral do Reino acollendo un dos arquivos máis importantes de Europa con 35 millóns de documentos. As reformas que se fixeron deron lugar ao aspecto que ten na actualidade.
O edificio
editarO muro que o rodea, as torres, as ameas, o foso, a entrada e dúas pontes son da época medieval, finais do século XV. A capela foi reformada pola familia Enríquez no século XV; a actual é unha reforma dos anos 1950. Ten unha fermosa bóveda estrelada pintada, onde están representadas as armas dos seus fundadores: Don Alonso Enríquez e Dona Mª de Velasco. Consérvase tamén a cámara de tormentos.
O castelo propiamente dito débese ás reformas do século XVI, de Juan de Herrera e Francisco de Mora. Proxectouse a lanterna da Torre do Bispo con forma acampanada. Houbo máis reformas nos séculos XVII e XVIII.
Efectuáronse grandes e importantes obras para conservar o edificio como Arquivo Xeral. Entre outras estancias valiosas existe unha cámara incombustible onde están a maioría dos documentos.
- Véxase tamén: Arquivo Xeral de Simancas.
Notas
editar- ↑ Debido a que el era membro do clero e estes non podían ser axusticiados.