Castelo de Salvatierra (Cidade Real)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castelo de Salvatierra.
O castelo de Salvatierra foi unha fortaleza da Serra Morena, no termo municipal actual de Calzada de Calatrava, na provincia de Cidade Real.
Castelo de Salvatierra | |
---|---|
ben de interese cultural | |
![]() | |
Concello | Calzada de Calatrava |
Provincia | Cidade Real |
Comunidade autónoma | Castela A Mancha |
Coordenadas | 38°40′09″N 3°49′18″O / 38.669261, -3.821762 |
Estilo arquitectónico | |
Véxase tamén | |
Castelos de España | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarEn 1198 foi ocupado por sorpresa polos cabaleiros da Orde de Calatrava, pouco despois da vitoria musulmá na batalla de Alarcos no ano 1195. Tras isto foi asediado polos almohades que o recuperaron en 1211 e isto, entre outros motivos, foi a causa principal da reacción cristiá que desembocou na batalla das Navas de Tolosa no 1212. Trala batalla das Navas de Tolosa o castelo foi reconquistado pola Orde de Calatrava.