Cassadaga
Cassadaga é o sétimo álbum da banda estadounidense de indie rock Bright Eyes, publicado o 10 de abril de 2007 a través do selo Saddle Creek Records. No ano 2006 o grupo gravou entre 25 e 30 cancións,[1] das cales 13 aparecen neste traballo. O disco foi chamado así polo pobo de Cassadaga, Florida, unha comunidade de mediums e seguidores do espiritualismo.
Cassadaga | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Bright Eyes | ||||
Publicado | 10 de abril de 2007 | |||
Gravación | 2006 | |||
Duración | 62:05 | |||
Xénero(s) | indie rock, indie folk, country alternativo | |||
Selo(s) | Saddle Creek Records | |||
Produtor | Mike Mogis | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Z Berg de The Like, Sherri DuPree e Stacy King de Eisley, ademais da artista en solitario Rachael Yamagata, aparecen no álbum. O seu primeiro sinxeo, "Four Winds", foi editado o 6 de marzo de 2007, no EP Four Winds con 5 caras-b que non aparecen en Cassadaga.
Listaxe de cancións
editarTodos os temas compostos por Conor Oberst, agás onde se indique.
- "Clairaudients (Kill or Be Killed)" – 6:05
- "Four Winds" – 4:16
- "If the Brakeman Turns My Way" (Conor Oberst e Jason Boesel) – 4:53
- "Hot Knives" – 4:13
- "Make a Plan to Love Me" – 4:14
- "Soul Singer in a Session Band" – 4:14
- "Classic Cars" – 4:19
- "Middleman" – 4:49
- "Cleanse Song" – 3:28
- "No One Would Riot for Less" – 5:12
- "Coat Check Dream Song" (Conor Oberst e Nate Walcott) – 4:10
- "I Must Belong Somewhere" – 6:19
- "Lime Tree" – 5:53
Notas
editar- ↑ Billboard (ed.). "Bright Eyes Gets Busy On New Album". Consultado o 3 de decembro de 2015.