Campos de xeo
Campos de xeo[Cómpre referencia] (tamén casquete de xeo ou casquete glacial[1]) é o nome que reciben diversas masas de xeos continentais. Os campos de xeo son extensas áreas mesetosas rochosas cubertas por un manto de xeo, as súas marxes forman ventisqueiros que desembocan, a través de fiordes e canles, ao mar ou algún lago. Os campos de xeo sitúanse principalmente nas zonas polares e patagónicas e cobren diversos accidentes xeográficos, como lagos ou enormes cadeas montañosas.
Os xeógrafos falan de campos de xeo cando a extensión cuberta por xeos e neves supera ou rolda os 50.000 km² e de inlandsis (ou xeo continental propiamente dito), cando as cubertas glaciares superan o millón de quilómetros cadrados (na actualidade existen dous inlandsis, o antártico e o groenlandés).
Segundo estudos xeolóxicos e glaciolóxicos, os campos de xeo serían restos de áreas englaciadas de moito maior tamaño formadas durante a última glaciación. Estes campos de xeo son as principais reservas de auga potable do mundo, polo que teñen un gran valor estratéxico. Na actualidade, a superficie ocupada polo xeo de xeito permanente acada os 15 millóns de km², un 10% da superficie da Terra.[2][3]
Principais campos de xeo
editarOs principais campos de xeos son:
- Campo de xeo Patagónico Sur (Chile e a Arxentina), 16.800 km²
- Vatnajökull (Islandia), 8.100 km²
- Austfonna (Svalbard, Noruega)
- Penny Ice Cap (Illa de Baffin, Canadá)
- Campo de xeo Columbia, Alberta, Canadá
- Campo de xeo Patagónico Norte (Chile)
- Campos de Tierra del Fuego (Chile)
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para casquete.
- ↑ Melendez, Bermudo; Fuster, Jose María (1978). Geología (en castelán) (4ª ed.). Madrid: Paraninfo. p. 141. ISBN 84-283-0956-6.
- ↑ Coenraads, Robert R.; Koivula, John I. (2008). Margaret Olds, ed. Geológica, las fuerzas dinámicas de la Tierra (en castelán). Alemaña: H.F. Ullmann. ISBN 9783833143793.