Casco de Coțofenești

casco xeto-dacio feito de electro

O casco dourado de Coțofenești é un casco xeto-dacio feito de electro (unha aliaxe natural de ouro, prata e cobre) que data da segunda metade do século -V. Descubriuse na vila romanesa de Coțofenești, e estaba exposto no Museo Nacional de Historia de Romanía, en Bucarest, antes do seu roubo en 2025 no Museo de Drenthe en Assen, nos Países Baixos, onde estaba sendo exposto como parte dunha exposición itinerante.

Casco de Coțofenești

Tipo Casco
Data -450 a -400
Características
Lonxitude 20 cm
Altura 25,5 cm
Materiais Electro
Peso 0,770 kg
Descuberta
Localización Coțofenești, Vărbilău, Condado de Prahova, Romanía
Data Finais da década de 1920
Conservación
Localización descoñecida (roubado en 2025)

O 25 de xaneiro de 2025, os funcionarios neerlandeses anunciaron que o casco fora roubado no Museo de Drenthe en Assen, onde estaba exposto como unha cesión temporal, xunto con tres pulseiras dacias douradas.[1] O seu roubo provocou críticas en Romanía polo acordo de préstamo,[2] e o 28 de xaneiro, a ministra romanesa de Cultura Natalia Intotero despediu ao director do museo, Ernest Oberländer, dicindo que "non protexeu adecuadamente o patrimonio nacional".[3]

  1. Watkins, Ali (2025-01-26). "Thieves Blow Up a Dutch Museum Door to Steal a Golden Helmet". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-01-27. 
  2. "Veldkamp: alles op alles zetten om gestolen kunst Drents Museum te vinden". NOS (en neerlandés). 27 January 2025. Consultado o 28 de xaneiro de 2025. 
  3. "Verdachten kunstroof komen uit Noord-Holland, directeur Roemeens museum ontslagen". NOS (en neerlandés). 28 de xaneiro de 2025. Consultado o 28 de xaneiro de 2025. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar