Casa dos Mosaicos
antiga vivenda romana en Lugo
![]() |
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |
A Casa dos Mosaicos é unha antiga domus romana e actual museo situado no centro da cidade de Lugo, en Galicia, onde se poden visitar restos da antiga casa, como os mosaicos ou pinturas murais.
Casa dos Mosaicos | |
---|---|
Coordenadas | 43°00′38″N 7°33′26″O / 43.010535682287, -7.5571089602548 |
País | España |
Cidade | Lugo |
Na rede | |
http://lugo.gal/gl/localizacions/casa-dos-mosaicos | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Descrición
editarA Casa dos Mosaicos está situada na rúa Doutor Castro, coñecida popularmente como rúa das Docerías, pegada á Praza Maior. A casa na que se atoparon os mosaicos, e onde están expostos, foi unha casa grande que, segundo os restos achados, foi construída entre os séculos I e II. Dentro da casa pódense atopar antigos mosaicos decorativos, pinturas murais decorativas, bases de columnas e os restos do hypocaustum o cal aseguraba a calefacción da casa. Dentro realízase ademais unha montaxe audiovisual que reproduce o que foi a vida nesa casa.