Casa de Saxonia-Coburgo e Gotha
A Casa de Saxonia Coburgo Gota foi unha das diferentes casas reais europeas, sendo unha rama da saxoa Dinastía Wettin. Reinou en Bélxica por medio dos descendentes de Leopoldo I de Bélxica e no Reino Unido por medio dos descendentes de Alberte de Saxe-Coburgo-Gota; Xurxo V do Reino Unido cambiou o nome de Saxe-Coburgo-Gota para Windsor en 1917, temendo a onda de germanofobia causada pola Grande Guerra.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/2/29/Shield_of_Saxe-Coburg_and_Gotha.svg/190px-Shield_of_Saxe-Coburg_and_Gotha.svg.png)
Outros membros desta Casa tornáronse rexentes noutros países europeos. Fernando, primo de Leopoldo de Bélxica, casou con María II de Portugal, e os seus descendentes continuaron a reinar en Portugal ata o golpe republicano de 1910.
Outro herdeiro da familia, Fernando I de Bulgaria, converteuse en príncipe e tsar daquel país, e os seus descendentes continuaron a reinar ata 1946. O actual xefe da Casa búlgara, o antigo rei Simeón II de Bulgaria, atende polo nome Simeón Sakskoburggotski, e en 24 de xullo de 2001 converteuse en primeiro ministro de Bulgaria. Foi a primeira vez na historia de Europa que un antigo monarca regresou ao poder vía elección democrática.
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |