Casa da Cultura Teodoro Cuesta
A Casa da Cultura Teodoro Cuesta de Mieres inaugurouse o 31 de maio de 1988 e dende entón exerce de catalizador de actividades e proxectos vencellados coas artes escénicas, as artes plásticas, as artes gráficas e a música. Dende o ano 2007 conta cun teatro con capacidade para 400 persoas e un salón de actos con capacidade para 120 persoas. Leva o nome do que fora o máis coñecido dos escritores en lingua asturiana, Teodoro Cuesta, ademais de músico e compositor.
Casa da Cultura Teodoro Cuesta | |
---|---|
![]() | |
Tipo | centro cultural |
Data de fundación | 31 de maio de 1988 |
Nomeado en referencia a | Teodoro Cuesta |
En | Mieres |
País | España |
43°15′01″N 5°46′23″O / 43.250277777778, -5.7730555555556 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Premio Teodoro Cuesta, o meirande galardón de poesía dos que se convocan en Asturias, celébrase na Casa da Cultura. Entre os seus gañadores cóntanse Berta Piñán, Lourdes Álvarez, Xuan Bello o Antón García.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina da Casa da Cultura Teodoro Cuesta Arquivado 13 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. (en asturiano)