Casa Rietveld Schröder

A casa Rietveld Schröder (en neerlandés: Rietveld Schröderhuis) (tamén coñecida como Casa Schröder) é unha construción situada en Utrecht, Países Baixos. Trátase dun dos mellores exemplos do estilo De Stijl. No ano 2000 foi incluída pola UNESCO na lista de Patrimonio da Humanidade.

Modelo:Xeografía físicaCasa Rietveld Schröder
(nl) Rietveld Schröderhuis Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2010)
Tipocasa museo
vivenda unifamiliar Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaUtrecht, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPrins Hendriklaan 50 Editar o valor en Wikidata
Mapa
 52°05′07″N 5°08′51″L / 52.08533, 5.1476
Características
Superficie0,0075 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → ?
Data2000 (24ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (ii) Editar o valor en Wikidata
Identificador965
Rijksmonument  
Data13 de xullo de 1976
Identificador18329
Historia
Data de creación ou fundación1924 e 1923 Editar o valor en Wikidata

Sitio webrietveldschroderhuis.nl Editar o valor en Wikidata

Foi deseñada polo arquitecto Gerrit Rietveld para a señora Truus Schröder-Schrader e os seus tres fillos, e construída en 1924.[1] O requisito fundamental para o seu deseño era unha casa preferiblemente sen paredes. Foi restaurada por Bertus Mudler e convertida en museo.

Arquitectura

editar

A casa Rietveld Schröder constitúe tanto no interior coma no exterior unha ruptura con toda a arquitectura anterior. Aínda que comparte a cerca coa última casa da veciñanza, non posúe ningunha relación arquitectónica con esta.

No interior non hai acumulación estática de cuartos, senón unha zona aberta e dinámica. A planta baixa é a máis tradicional, distribuída o redor dunha escaleira central está a cociña e tres habitacións. A sala de estar atópase no piso de arriba, declarada como un ático para satisfacer as regulacións contra incendios das autoridades de planificación, en realidade constitúe unha gran zona aberta, a excepción dun aseo e un baño separado. Rietveld quería deixar o nivel superior como estaba. A señora Schröder, polo contrario, considerou que debería ser utilizable en calquera forma, aberta ou subdividida. Isto conseguiuse cun sistema de paneis deslizantes e xiratorios. Schröder utilizou estes paneis para abrir o espazo do segundo andar para permitir máis espazo aberto para ela e os seus 3 fillos, deixando a opción aínda de pechar ou separar as habitacións cando o desexa. Cando está dividido por completo, o andar superior consta de tres cuartos, cuarto de baño e sala de estar. Entre este e o espazo aberto hai unha gran variedade de combinacións posibles.

No exterior as superficies son en branco e gris e os marcos das ventás negros, a isto súmaselle unha serie de elementos lineais coas cores primarias. Ao igual que a Cadeira vermella e azul de Rietveld, cada compoñente ten a súa propia forma, posición e cor.

Patrimonio da Humanidade

editar

O comité do Patrimonio Mundial inscribiu a casa Rietveld Schröder na lista da UNESCO de Patrimonio da Humanidade o 2 de decembro de 2000 durante a sesión XXIV en Cairns, Australia. A comisión decidiu aplicar os criterios i e ii, e engadiu sobre a casa:

O Rietveld Schröderhuis en Utrecht é un ícono do movemento moderno en arquitectura e unha excelente expresión do xenio creador humano na súa pureza de ideas e conceptos desenvolvidos polo movemento De Stijl. (...) Coa súa visión radical do deseño e do uso do espazo, o Rietveld Schröderhuis ocupa unha posición fundamental no desenvolvemento da arquitectura na era moderna.[2]

Galería

editar
  1. "Rietveld Schröderhuis" (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  2. "Rietveld Schröderhuis (Rietveld Schröder House) - inscribed property". unesco.org (en inglés). 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar