Casa Museo de María Pita
casa museo na Coruña
A Casa Museo de María Pita é unha casa museo da Coruña que lembra a vida desta heroína que loitou contra unha frota inglesa no século XVI liderada por Francis Drake. No soar que ocupa levantábase no século XVI unha vivenda propiedade do primeiro marido de María Pita, Xoán Alonso de Rois. Hoxe en día está localizada na Rúa dos Ferreiros.
Casa Museo María Pita | |
---|---|
Casa Museo de María Pita | |
Coordenadas | 43°22′16″N 8°23′32″O / 43.371033333333, -8.3922638888889 |
País | España |
Cidade | A Coruña |
Tipo | Casa museo |
Construción | Século XVI |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Contido
editarEstrutúrase en catro salas:
- Andar baixo: nel exponse información básica sobre a cidade nos séculos XVI e XVII
- Casa de María Pita "a vella": recreación da tenda e dormitorio principal da casa dos seus pais.
- Sala nivel 2: información sobre o papel xogado pola Coruña nas relacións internacionais da época.
- Sala nivel 3: na que se analizan as relacións entre España e Inglaterra e os feitos que levaron ao ataque a cidade da Coruña no ano 1589, e nunha segunda parte exponse unha panorámica da traxectoria vital de María Pita.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |