Carya
xénero Carya | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Carya ovata, vista general. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
Carya (as nogueiras de pecán) é un xénero de plantas arbóreas, máis raramente arbustivas, da familia Juglandaceae. Inclúe unha trintena de táxones aceptados -entre específicos, infraespecíficos e híbridos- dos case 150 descritos.[1][2]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/8/8e/Carya_cordiformis.jpg/220px-Carya_cordiformis.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/a/aa/Carya_illinoinensis_catkins.jpg/220px-Carya_illinoinensis_catkins.jpg)
Etimoloxía
editarDescripión
editarÁrbores, máis raramente arbustos, de 3 até 50 de altura, monoicos como todos os representantes da familia, con casca de cor cinsenta ou apardada, lisa con fendas en individuos novos, tornándose engurrada e ocasionalmente profundamente sucada ou exfoliada en escamas laminares ou ben en fitas longas ou largas. As follas son imparipinnadas, con pecíolo de glabro a pubescente ou escamoso e 3-21 folíolos peciolulados de marxe asserado -os distais máis grandes- que miden de 2-26 por 1-14 cm. Os amentos masculinos (candeas), pénsiles, son de 3 fascículos de flores con 3-15 estames pubesentes ou non. As flores femininas organízanse en espigas terminais. Os froitos son drupáceos ("drupa involucrada" ou "trima") de invólucro dehiscentes en 4 valvas de suturas lisas ou aladas, con noz comprimida ou non, angulosa ou lisa, suave ou verrugosa, de casca fina ou grosa e de cor parda, ocasionalmente pintada de negro ou marrón. A semente pode ser doce ou amarga.[3]
Distribución
editarUnha ducia de especies son nativas de América do Norte (11 nos Estados Unidos, 1 en México), e unhas 5–6 da China e Indochina. Un certo número de especies foron introducidas en diversas rexións do mundo con fins ornamentais, alimenticios ou industriais.
Especies e clasificación
editarPrincipais especies:
- Asia
- Carya sección Sinocarya – Nogueiras de pacán asiáticas
- Por exemplo:
- Carya cathayensis Sarg.
- Carya dabieshanensis M.C. Liu (pode ser sinónimo de C. cathayensis)
- Carya hunanensis W.C.Cheng & R.H.Chang
- Carya kweichowensis Kuang & A.M.Lu
- Carya poilanei Leroy
- Carya tonkinensis Lecomte[4]
- Norteamérica
- Carya sección Carya – Nogueiras de pacán típicas
- Por exemplo:
- Carya floridana Sarg.
- Carya glabra (Mill.) Sweet
- Carya myristiciformis (F.Michx.) Nutt.
- Carya ovalis (Wangenh.) Sarg. (tratada coma un sinónimo de C. glabra por Flora N. Amer.)
- Carya ovata (Mill.) K.Koch
- Carya ovata var. ovata
- Carya ovata var. australis (sin. C. carolinae-septentrionalis)
- Carya laciniosa (Mill.) K.Koch
- Carya pallida (Ashe) Engl. & Graebn.
- Carya texana Buckley
- Carya tomentosa (Poir.) Nutt. (sin. C. alba)
- Carya sección Apocarya – Nogueiras de pacán
Por exemplo:
- Carya aquatica (F.Michx.) Nutt.
- Carya cordiformis (Asch.) Graebn.
- Carya illinoensis K.Koch ; "pacana"
- Carya palmeri W.E. Manning – Mexican Hickory
Usos
editarO xénero ten certa importancia económica: por exemplo, Carya illinoinensis, a nogueira de pecán común, e a súa noz, é o produtor máis importante de «noces» de América do Norte, e a madeira das verdadeiras «Nogueiras americanas» é sen igual para a fabricación de mangos de ferramentas por ser moi rexa e resistente a golpes. Tamén estas nogueiras son unha boa fonte alimenticia para a fauna salvaxe sendo moi apreciadas na gastronomía humana.
Por outra banda, Carya cordiformis , C . glabra , e C . ovata cultívanse extensivamente en Europa central como madeira de construción.[3]
Notas
editar- ↑ Carya en The Plant List-Aworking list of all plants species; consultado 16 de novembro de 2013
- ↑ "Carya en USDA/GRIN Taxonomy for Plants (require busca)". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2014. Consultado o 01 de outubro de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 Carya en Flora of North America
- ↑ "Subordinate Taxa of Carya Nutt.". TROPICOS. Missouri Botanical Garden. Consultado o 19-10-2009.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carya |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carya |