Carta dunha descoñecida
Carta dunha descoñecida (en inglés: Letter from an Unknown Woman) é un filme estadounidense de 1948 dirixido por Max Ophüls e protagonizado por Joan Fontaine, Louis Jourdan, Mady Christians e Marcel Journet. Baséase na novela curta de Stefan Zweig.
Carta dunha descoñecida | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Letter from an Unknown Woman |
Director | Max Ophüls |
Produtor | John Houseman William Dozier |
Guión | Howard Koch Max Ophüls |
Baseado en | Brief einer Unbekannten, de Stefan Zweig |
Intérpretes | Joan Fontaine Louis Jourdan |
Música | Daniele Amfitheatrof |
Fotografía | Franz Planer |
Montaxe | Ted J. Kent |
Estudio | Rampart Productions |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 28 de abril de 1948 |
Duración | 86 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Na rede | |
En 1992 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[1]
Argumento
editarStefan Brand (Louis Jourdan), un célebre pianista, recibe unha carta dunha muller coa que mantivo no pasado unha relación amorosa que xa non lembra. Lisa (Joan Fontaine) é para el unha descoñecida, alguén que pasou pola súa vida sen deixar pegada. E, non obstante, ela segue namorada apaixonadamente daquel músico novo que coñeceu cando era aínda unha adolescente.
Elenco
editar- Joan Fontaine como Lisa Berndle
- Louis Jourdan como Stefan Brand
- Mady Christians como Frau Berndle
- Marcel Journet como Johann Stauffer
- Art Smith como John
- Howard Freeman como Herr Kastner
- Carol Yorke como Marie
- John Good como Tte. Leopold von Kaltnegger
- Leo B. Pessin como Stefan, Jr
- Erskine Sanford como Porter
- Otto Waldis como Concierge
- Sonya Waldis como Frau Spitzer
- Betty Blythe como Frau Kohner; sen acreditar
- John T. Bambury como Midget; sen acreditar
- Ilka Grüning como Ticket-Taker; sen acreditar
Notas
editar- ↑ "National Film Registry" Arquivado 19-4-2012 en Wayback Machine.. Library of Congress, consultado o 28-8-2011.
- ↑ La Voz de Galicia, 7 de maio de 2016. Páx. 62
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Filmsite.org essay
- Artigo de Alexander Dhoest
- Artigo de Carla Marcantonio
- Letter from an Unknown Woman Arquivado 05 de novembro de 2018 en Wayback Machine. en Louisjourdan.net