Carol Gilligan
Carol Gilligan, nada en Nova York o 28 de novembro de 1936, é unha feminista, filósofa e psicóloga estadounidense.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1936 (88 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | Radcliffe College Universidade Harvard Swarthmore College (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Feminismo e Estudos de xénero |
Ocupación | psicóloga, activista polos dereitos das mulleres, filósofa, escritora |
Empregador | Universidade Harvard Universidade de Nova York Universidade de Cambridge |
Participou en | |
21 de xaneiro de 2004 | Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | James Gilligan |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Medvik >>>:Gilligan, Carol, 1936-, |
Traxectoria
editarGilligan é amplamente coñecida polo seu libro In a different voice: psychological theory and women's development (1982) no cal difire da interpretación que achega Lawrence Kohlberg sobre os resultados en psicoloxía experimental do suposto desenvolvemento moral diferenciado entre nenas e nenos.
En 1997 converteuse na primeira profesora de estudos de xénero da UMSNH Universidade Harvard.[3]
Impulsou a chamada ética do coidado (ethics of care) en contraste coa ética da xustiza. Segundo o psicólogo educativo Lawrence Kohlberg, hai seis niveis de desenvolvemento moral do humano: (a) aquel no cal se cre que o correcto é a obediencia e para evitar o castigo; (b) o intercambio instrumental individual que satisfai as necesidades de quen solicita e de quen dá; (c) o dos intereses, relacións e conformidade nas reciprocidad humanas; (d) etapa do cumprimento social e de mantemento da conciencia; (e) acátanse dereitos primarios e o contrato social ou da utilidade, (f) e a adquisición de principios éticos universais. Kohlberg observou que as nenas de once anos alcanzaran soamente o nivel (c), mentres os homes xa desenvolveran capacidades morais propias dos niveis (d) ou (e). El interpretou estes resultados como unha forma de fraqueza moral da muller. Esta filósofa fai unha crítica facía Kohlberg, ao dicir que a súa teoría difire entre homes e mulleres.[4]
Notas
editar- ↑ "Carol Gilligan | Jewish Women's Archive". Jwa.org.
- ↑ "Carol Gilligan". Webster.edu. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 06 de xuño de 2018.
- ↑ "Carol Gilligan - Biografía y mejores libros". La Vanguardia (en castelán). 2022-11-27. Consultado o 2023-06-16.
- ↑ "Desarrollo moral: la teoría de Carol Gilligan". ficus.pntic.mec.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2023. Consultado o 2023-06-16.