Carminho
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Maria do Carmo de Carvalho Rebelo de Andrade, coñecida como Carminho, nada en Lisboa o 20 de agosto de 1984, é unha fadista portuguesa.
![]() (2009) ![]() | |
Nome orixinal | (pt) Maria do Carmo de Carvalho Rebelo de Andrade ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de agosto de 1984 ![]() Lisboa, Portugal ![]() |
Outros nomes | Carminho ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositora ![]() |
Período de actividade | 2003 ![]() |
Xénero artístico | Fado e música pop ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | EMI ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Nai | Teresa Siqueira ![]() |
Premios | |
Sitio web | carminho.com.pt → ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/e/e9/Carminho_%28ZMF_2018%29_jm73500.jpg/220px-Carminho_%28ZMF_2018%29_jm73500.jpg)
Traxectoria
editarNaceu nunha familia de músicos, sendo a súa nai, Teresa Siqueira, e o seu irmán, Francisco Andrade, tamén cantores.
Malia que comezou a cantar dende cativa, só aos 22 anos decidiu facer carreira musical despois dunha longa viaxe polo mundo que demorou 11 meses que a axudou a tomar esa decisión. Di que non precisou de coraxe e explica simplemente que é feliz a cantar o fado.
Pasou por varias casas de fado como A Taverna do Embuçado, Petisqueira de Alcântara e Mesa de Frades. Participou nos espectáculos da feira do toiro realizados en 2003 e 2004 en Santarém.
En 2005 cantou nun espectáculo, que tivo lugar no Teatro Camões, ofrecido polo presidente de Turquía ao presidente Jorge Sampaio. En 2005 recibiu o premio Amália, na categoría de Revelación Feminina.
Carminho participou no filme Fados de Carlos Saura de 2007. O disco coa banda sonora inclúe a faixa "Casa de Fados" coa participación de Vicente da Câmara, Maria da Nazaré, Ana Sofia Varela, Ricardo Ribeiro e Pedro Moutinho.
En maio de 2008 participou nun concerto de Tiago Bettencourt, tamén actuou na Casa da Música, na Expo Zaragoza 2008 e foi convidada para o espectáculo conmemorativo dos 45 anos de carreira de Carlos do Carmo, no Pavilhão Atlântico.
O disco Fado, producido por Diogo Clemente e foi editado o 1 de xuño de 2009.
En marzo de 2012 lanzou o seu segundo disco titulado Alma.
Discografía
editar- Fado (CD, EMI, 2009).
- Alma (CD, EMI, 2012).
- Canto (CD, Warner, 2014)
- Carminho canta Tom Jobim (CD, Biscoito Fino/Warner, 2016)
- Maria (CD, Warner, 2018)
- Portuguesa (CD, Warner, 2023)