Carmen de Mairena
Carmen de Mairena, nada en Barcelona o 15 de marzo de 1933 e finada na mesma cidade o 22 de marzo de 2020, foi unha cupletista catalá de gran popularidade en todo o estado español.
![]() (2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1933 ![]() Barcelona, España ![]() |
Morte | 22 de marzo de 2020 ![]() Barcelona, España ![]() |
Causa da morte | morte natural ![]() |
Residencia | El Raval ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz porno, cupletista, actriz, mujer trans ![]() |
Período de actividade | 1959 ![]() |
Partido político | Coordinadora Reusenca Independent (en) ![]() ![]() |
Xénero artístico | Dístico elegíaco (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarDesde mediados dos anos cincuenta até a chegada da Transición Española (momento no que comeza a vestirse de muller), era coñecida como Miguel de Mairena, e era un cantante de cuplé de certo renome nas salas de espectáculos máis destacadas de Barcelona. A partir dos anos noventa, gañou popularidade a nivel estatal polas súas aparicións televisivas de carácter cómico xunto ao presentador Javier Cárdenas, que a vinculou ao mundo autodenominado friqui. Realizou incursións puntuais no mundo do cinema, incluíndo o pornográfico.
Presentouse ás Eleccións ao Parlamento de Cataluña en 2010.