Carmen Porter
Carmen María Porter Ucha, nada en Madrid o 23 de agosto de 1974, é unha xornalista española.
![]() (2017) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carmen María Porter Ucha ![]() 23 de agosto de 1974 ![]() Madrid, España ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - xornalismo Universidade Europea de Madrid - xornalismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | locutora de radio, presentadora de televisión, escritora, directora de cinema ![]() |
Empregador | Cuatro (2005–) Cadena SER (2001–2015) Mediaset España ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Iker Jiménez (1994–) ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e a Universidade Europea de Madrid. É subdirectora do programa de radio Milenio 3, que se emite na Cadena SER e do programa de televisión Cuarto Milenio en Cuatro. É colaboradora da revista Más Allá.
Foi redactora da revista Enigmas del hombre y del universo, na que se encargou, entre outros temas, dun suplemento en forma de xornal, que contiña noticias do mundo do misterio, ao que denominaban Enigmas Expreso. Tamén foi redactora no programa de televisión El otro lado de la realidad que se emite en Telemadrid.
Vida persoal
editarÉ a dona do xornalista Iker Jiménez, e colabora con el en numerosos proxectos xornalísticos.
Publicacións
editar- Misterios de la Iglesia. Ed. EDAF, S.A., 2002. ISBN 84-414-1104-2
- La sábana Santa: ¿Fotografía de Jesucristo?. Ed. EDAF, S.A., 2003. ISBN 84-414-1241-3
- La Iglesia y sus demonios. Ed. EDAF, S.A., 2005. ISBN 84-414-1773-3
- Milenio 3: El libro. Aguilar, S.A. de ediciones-Grupo Santillana, 2006. ISBN 84-03-09710-7