Carmen Linares
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2021.) |
Atención: As deste artigo están baixo sospeita. As circunstancias nas que foi feito fan pensar que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución á cal se refire. Tamén pode ser o caso que a lonxitude do artigo dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten. Normalmente, isto realízase por parte de enderezos IP anónimos ou usuarios que se rexistran especificamente para a creación deste artigo. A Wikipedia non é un espazo para reflectir informacións personais nin favorecer intereses particulares. O artigo será borrado se non se mellora a súa calidade nun breve prazo de tempo. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. (Desde xuño de 2021.) |
Carmen Pacheco Rodríguez, coñecida como Carmen Linares, nada en Linares (provincia de Xaén) en 1951, é unha cantaora de flamenco e intérprete tamén de canción española. Así mesmo, ten traballado en teatro e zarzuela.
Nome orixinal | (es) Carmen Pacheco Rodríguez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de febreiro de 1951 (73 anos) Linares, España |
Outros nomes | Carmen Linares |
Actividade | |
Ocupación | cantaora |
Xénero artístico | Flamenco |
Instrumento | Voz |
Premios | |
Sitio web | carmenlinares.es |
Carmen Linares conquistou por méritos propios un lugar privilexiado na cultura española contemporánea. Pertence á mellor xeración de flamenco xunto con Camarón, Paco de Lucía, Enrique Morente, Manolo Sanlúcar, José Mercé e Tomatito. Carmen Linares é recoñecida como unha lenda viva do flamenco.
Traxectoria
editarNos anos setenta traballou en Madrid en tablaos e nos anos oitenta en festivais nacionais xunto con artistas do talle de Enrique Morente, Camarón de la Isla, Carmen Mora e os irmáns Juan e Pepe Habichuela.
Como cantaora en solitario comezou en 1980 con Juan e Pepe Habichuela, reivindicouse nos noventa con recoñecidos discos e consolidouse co seu disco esencial Antología de la mujer en el cante, declarado un dos mellores 10 discos da historia do flamenco.
Artista de recoñecido prestixio internacional, interpretou El Amor Brujo de Manuel de Falla con orquestras sinfónicas en escenarios de Nova York, París, Buenos Aires, Tokio e Sydney. Participou en proxectos de grandes artistas como Manolo Sanlúcar, Blanca Lí, Uri Caine, Víctor Ullate e Carlos Núñez.
Recibiu o Premio Nacional de Música de 2001 e publicou máis de 30 títulos incluíndo discos e colaboracións propias e dúos con Joan Manuel Serrat, Arcángel, Sílvia Pérez Cruz e Miguel Poveda. Mestra de novas xeracións, interpretou en versión flamenca obras dos poetas Federico García Lorca, Juan Ramón Jiménez, Miguel Hernández, Rafael Alberti e José Ángel Valente.
Creou o seu propio selo discográfico en 2007, realizou xiras internacionais coa súa compañía e acadou éxito en Nova York cunha histórica actuación con Marina Heredia e Arcángel en 2018 no Carnegie Hall. En 2019 obtivo o recoñecemento ao World Music Award da Universidade de Berklee.
Na tempada 2021/2022 estreou Cantaora: 40 anos de flamenco, proxecto cun grande elenco de músicos, coreografías de baile, momentos de cante jondo e homenaxes a Paco de Lucía, Enrique Morente e Mercedes Sosa.
En maio de 2020, recibiu conxuntamente con María Pagès, o Premio Princesa de Asturias das Artes.[1]
Notas
editar- ↑ "CARMEN LINARES Y MARÍA PAGÉS. PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DE LAS ARTES 2022". fpa.es (en castelán). 5 de maio de 2022. Consultado o 22 de xuño de 2020.